O BNG de Muxía decide buscar unha alternativa a Iago Toba
A asemblea local decidiu non apoiar ao candidato socialista

A alcaldía de Muxía é unha das que inda está por concretar / Enrique Díaz / 7cero

Muxía
A nove días do pleno de investidura, os opcións de Iago Toba para conseguir a maioría necesaria parecen escasas. A asemblea local do BNG tomou a decisión de buscar o relevo do alcalde en funcións e candidato socialista Iago Toba. Unha opción que deixa a Toba coa maioría que lle outorgan os 5 concelleiros obtidos o 28M pero sen a maioría necesaria para asegurar a investidura.
O PSOE muxián precisa dun apoio máis para facer alcalde a Iago Toba. As esperanzas dos socialistas centrábanse en tentar atraer ao único concelleiro dos nacionalistas na corporación, algo que este rexeitan. Haberá que ver se os pactos a nivel autonómico, co compromiso de apoio mutuo PSOE-BNG para facilitar a consecución de alcaldías, acaba modificando a postura da asemblea local.
Os outros partidos con presenza na nova corporación, PP e IxMuxía, xa amosaron repetidamente o seu desexo de afastar a Iago Toba do goberno. O BNG abrirá agora unha rolda de conversas coas outras formacións para valorar as opcións alternativas ao goberno do PSOE.
O acordo entre Partido Popular, IxMuxía e BNG non parece sinxelo. Os nacionalistas, por principios, non facilitan a entrada dos populares nos gobernos. PP e IxMuxía manteñen tiranteces que dificultan a creación dunha maioría alternativa a Iago Toba.




