O BNG gobernará en solitario en Corcubión
A reclamación de PACor para recuperar o concelleiro perdido podería retrasar o pleno de investidura

Concello de Corcubión

Corcubión
Francisco Javier Domínguez, Drok, gobernará sen socios pero con aliados. Esa é decisión adoptada pola asemblea local dos nacionalistas e trasladada ao resto de formacións políticas. O BNG non ten os votos precisos para asegurar a alcaldía pero a postura do PSOE de absterse no pleno de investidura garante que os nacionalistas terán o goberno da vila. A intención do novo equipo de goberno é gobernar buscando apoios puntuais das outras formacións políticas.
Os contactos do BNG co PSOE, PP e Sempre Corcubión xa comenzaron. A primeira reunión tivo lugar cos novos concelleiros do PSOE, xuntanza na que os socialistas expresaron a vontade de non entorpecer a investidura do BNG. Onte tivo lugar un encontro co concelleiro de Sempre Corcubión, Alfredo González, que expresou o seu desexo de formalizar un pacto e integrarse no goberno, ofrecemento rexeitado polo BNG, inda que sí amosaron o seu desexo de contar con todas as forzas políticas nos temas de interese xeral da vila.
As citas con PP e PACor están suspendidas á espera de que se resolva a impugnación presentada polo Partido Autónomo. Do que decida a Xunta Electoral Central depende que o PP quede con dúas actas ou que PACor recupere a súa presenza no pleno a costa dun asento dos populares.




