Continúan as negociacións en Fisterra, Muxía e Ponteceso
BNG e IxM achegan posturas en Muxía, en Fisterra falta acordo co PSOE e Ponteceso sigue na encrucillada

O alcalde en funcións de Muxía, Iago Toba, non ten garantida a súa continuidade / cedida

Costa da Morte
Fisterra, Muxía e Ponteceso continúan sen coñecer quenes serán os seus alcaldes no cuatrienio 2023-2027. O reloxo corre e será este sábado cando teñan lugar os plenos de investidura en primeira convocatoria. TRes dos 17 concellos da bisbarra inda teñen os deberes pendentes de cara a cita do sábado.
En Fisterra xa comenzaron as conversas entre AV e o PSOE. Inda non hai acordo entrambas formacións e será o mércores cando retomen unhas negociacións onde o obxectivo de Áurea Domínguez (candidata de AV) e conseguir o apoio do PSOE para ser a primeira alcladesa de Fisterra. Á espera está a lista máis votada, a de Luis Insua (PP). Os conservadores saben que sen maioría absoluta nin posibilidadaes de atraer ningún apoio, a súa única esperanza para conseguir a alcaldía é confiar en que non haxa pacto entre AV e PSOE.
A situación en Muxía tamén depende dunha formación, neste caso do Partido Popular. Os independentes de Javier Sar e o BNG están alineados e queren ser a alternativa a un Iago Toba (PSOE) que non ten opción de conseguir ningún voto na investidura máis que o da súa propia formación. Con PSOE por un lado e IXM e BNG por outro, o Partido Popular é o que ten a chave do futuro de Iago Toba. IxM e BNG pretenden obter o apoio do PP sen que os populares se integren no goberno, algo que choca coa opinión da líder popular, Sandra Vilela, que quere facer valer a súa condición de primeira forza nese teórico tripartito. O PP ten tres actas, por 2 IxM e unha o BNG pero os nacionalistas non aceptan entregar ninguna cota de poder ao PP.
En Ponteceso avanzan as negociacións cun PSOE incapaz de acadar acordos con outras forzas pese ao desembarco de autoridades a nivel provincial para pilotar as conversas. Ninguén quere pactar con Lois García Carballido e nos socialistas non descartan a posibilidade de sacrificar ao seu número 1 para conseguir salvar a alcaldía. A alternativa ao PSOE é un PP que precisa de tres votos máis para conseguir a investidura. A formación de José Manuel Mato xa acadou un acordo co Partido Galego e agora busca atraer a un concelleiro máis que podería ser de APIN ou Adiante por Ponteceso. O BNG xa se descartou como parte da ecuación inda que tamén fixo público un comunicado rexeitando facilitar a alcaldía a un Lois García Carballido co que ninguén quere pactar. En Adiante por Ponteceso ven difícil o pacto co PP pero non descartan facilitar a investidura para conseguir dar estabilidade a unha vila aboada ao sobresalto na pasada lexislatura.




