Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Última hora Detenida la exmilitante socialista Leire Díez por orden de la Audiencia Nacional

Alternativa dos Veciños pide claridade ao PSOE para pactar en Fisterra

Un acordo que garanta a alcaldía de Bergondo para o PSOE e Fisterra para AV podería ser a chave

Fisterra

Áurea Domínguez, candidata de Alternativa dos Veciños en Fisterra solicita maior transparencia ao PSOE para acadar un pacto na Vila do Cristo. Con 3 edís AV busca o apoio dos socialistas para conseguir a alcaldía fisterrá o vindeiro sábado.

Nunha rolda de prensa celebrada neste serán, a candidata de AV detallou as conversas que están a manter cos socialistas. No primeiro contacto entrambas formacións, o PSOE tería pedido manter a alcaldía, unha posibilidade rexeitada de inmediato. Segundo AV, esa xuntanza rematou co compromiso do PSOE de apoiar a investidura de Áurea Domínguez sempre que obtivese os apoios necesarios para gobernar. As conversas entre ambos partidos paralizáronse o pasado venres e onte, en conversa telefónica, os socialistas afirmaron non ter unha decisión tomada á espera de manter unha reunión co secretario de organización do PSOE. Alternativa dos Veciños reclama maior claridade de cara ao pleno de investidura do próximo sábado sen descartar un futuro pacto de goberno cos socialistas.

A negociación pola alcaldía de Fisterra podería estar condicionada polos pactos que garantan a gobernabilidade noutros concellos. En concreto de Bergondo, onde o PSOE perdeu dous edís e precisa de Alternativa dos Veciños para reter o bastón de mando. PSOE e AV acordarían garantir a investidura dos socialistas en Bergondo a cambio da alcaldía de Fisterra para AV.

O Partido Popular foi a lista máis votada o 28M sumando 5 concelleiros. AV entrou con forza na corporación e con 3 actas desprazou a PSOE (2) e BNG (1). Tras oito anos gobernando en coalición, socialistas e nacionalistas perderon un concelleiro cada un. Alternativa dos Veciños conseguiu o apoio do BNG para a sesión de investidura e agora precisa o apoio do PSOE para poder desprazar aos populares da alcaldía.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir