Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Dúas novas deputadas da Costa da Morte no Parlamento de Galicia

Paula Mouzo e Sandra Vilela, ambas do PP, tomarán posesión do seu escano nos vindeiros días

Catro deputados da bisbarra, tres do PP e un do BNG, estarán na cámara autonómica / Parlamento de Galicia

Catro deputados da bisbarra, tres do PP e un do BNG, estarán na cámara autonómica

Costa da Morte

A Costa da Morte terá dúas novas deputadas no parlamento galego nesta recta final de lexislatura. Os cambios anunciados hoxe no goberno autonómico e os resultados das eleccións municipais axitaron as listas do Partido Popular, provocando a entrada na cámara galega de Paula Mouzo e Sandra Vilela. Serían así catro os políticos da bisbarra con escano na cámara do Hórreo, uníndose ao popular Rubén Lorenzo e ao deputado nacionalista Daniel Pérez.

José Manuel Rey Varela e Ovidio Rodeiro van renunciar ao seu asento logo de facerse coas alcaldías de Ferrol e Boqueixón respectivamente. Rosa Quintana afrontará o salto á política estatal logo da súa saída do goberno galego e con ela tamén marchará Pedro Puy, o actual voceiro popular que deixará vacante a súa acta. Con estes movementos a camariñá Paula Mouzo, cabeza de lista nas eleccións municipais do 28M, e Sandra Vilela, candidata popular en Muxía, serán novas deputadas autonómicas.

Paula Mouzo e Sandra Vilela ocuparon os postos 23 e 25 na lista do Partido Popular pola provincia da Coruña. Está previsto que tomen posesión dos seus escanos nos vindeiros días. En primeiro lugar Paula Mouzo, xa que as renuncias de Rey Varela e Rodeiro serán inmediatas tras os plenos de investidura deste sábado, e posteriormente Sandra Vilela.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir