Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Jesús Picallo queda, Carlos Concheiro marcha

O cabeza de lista do PP en Cee conserva, de momento, a acta mentres que o líder do BNG en Muxía abandona a política

En Muxía prosiguen as conversas entre BNG, IxM e PP para artellar un goberno estable / Enrique Díaz / 7cero

En Muxía prosiguen as conversas entre BNG, IxM e PP para artellar un goberno estable

Costa da Morte

Os resultados do 28M siguen provocando reaccións nos partidos políticos. O foco informativo está nos concellos de Ponteceso, Muxía e Fisterra onde avanzan as negociacións para formar maiorías de goberno. En Corcubión a noticia está na falta de noticias, xa que a Xunta Electoral Central non se pronunciou sobre a pugna que manteñen PACor e PP por un concelleiro. A tres días da celebración dos plenos de investidura, todo indica que en Corcubión a chegada de Xabier Domínguez "Drok" á alcaldía terá que agardar.

A actualidade política deixou varios nomes propios nas últimas horas. Logo da noticia adiantada por Radio Nordés da entrada no parlamento autonómico de Paula Mouzo e Sandra Vilela como novas deputadas do PP, o protagonismo é agora para Jesús Picallo e Carlos Concheiro. Logo das especulacións dos últimos días, Jesús Picallo disipou as dúbidas sobre o seu futuro confirmando que tomará posesión da súa acta como edil. Picallo será o voceiro popular e líder da oposición nun período onde terá enfrente a maioría absoluta obtida pola socialista Margot Lamela. A decisión chega logo de poñer o seu cargo a disposición tanto do partido como da agrupación local de Cee pero en ambos casos atopouse co desexo dos seus compañeiros de que siga liderando o proxecto. En todo caso, Jesús Picallo instou ao PP a buscar un relevo para que lidere o partido na vila da Xunqueira. O candidato considera que o pobo amosou o seu rexeitamento ao proxecto encabezado por el e que deben ser outros os que busquen a alcaldía dentro de catro anos.

Muxía

Quen si pon punto a final a súa etapa na política é Carlos Concheiro, voceiro do BNG en Muxía. O nacionalista presentou a súa renuncia esta mañá, decisiópn motivada pola enfermidade grave dun familiar que lle impide "poder compatibilizar traballo, o traballo político e os coidados ao familiar". Concheiro atendía esta mañán a Radio Nordés e explicaba o momento elixido para dar o paso atrás. "Pensei en facelo antes do pleno de investidura para que non haxa especulacións. Nestas condicións non poderei asistir a todos os plenos e na situación na que está Muxía iso non pode ser" confeseu Concheiro. O cabeza de lista do Bloque descartou que a súa saída teña que ver cos movementos para conformar unha maioría alternativa á obtida polo socialista Iago Toba o 28M. Coa saída de Concheiro entra na corporación Mercedes Barrientos, número 2 do BNG.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir