Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Hoy por hoy en las RíasHoy por hoy en las Rías
Ocio y cultura

Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra 'As malas mulleres'

A escritora Marilar Aleixandre considera que o premio “é unha boa noticia” para a literatura galega

Entrevista a Marilar Aleixandre, premio nacional de Narrativa 2022 por "As malas mulleres" (26/10/2022)

Entrevista a Marilar Aleixandre, premio nacional de Narrativa 2022 por "As malas mulleres" (26/10/2022)

10:10

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1666771191727/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

“Para min ten importancia e creo que para a literatura galega é unha boa noticia. Moita da xente que me está mandando mensaxes, escritoras e escritores de aquí, din que que alegría e que que orgullo para a literatura galega”, dixo nunha entrevista con Efe a escritora Marilar Aleixandre tras coñecer que recibirá o Premio Nacional de Narrativo 2022 pola súa obra 'As malas mulleres'.

“Espero que agora chegue a máis lectoras e lectores, un, porque vai estar en castelán, e dous, porque os premios nacionais, para min a importancia que teñen é a visibilidade que dan; en concreto a leste libro pero tamén á literatura galega, que eu creo que neste momento realmente hai un alto nivel de calidade e moita xente que escribe moi ben”, engadiu.

Non oculta Aleixandre a súa sorpresa polo premio, aínda que recoñece honestamente que “sempre que escribes unha novela e parece que funciona", pois pode pasar.

É o caso de ‘As malas mulleres’, que vai pola cuarta reimpresión, aínda que segundo a súa autora “o Nacional son palabras maiores porque sempre hai boas novelas”, como sucedeu este ano, durante o que Aleixandre di ler varias que non lle estrañou que fosen premiadas.

É o segundo ano consecutivo en que unha obra escrita en galego faise co galardón, despois de que en 2021 gañase Xesús Fraga por ‘Virtudes (e misterios)’, algo que segundo Aleixandre non debería estrañar.

“Creo que cando se normalice dunha vez que neste país hai catro linguas cooficiais, pois non parecerá unha cousa tan rara. Supoño que un xurado o que ten que valorar é a novela, a súa calidade, e non tanto que fose escrita nunha lingua ou outra”, afirma.

A novela enraíza directamente co nacemento da literatura galega moderna, xa que a autora valeuse dalgúns poemas de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, para compoñer uns capítulos que se chaman 'O mudo coro das malas mulleres’ no que é “un exercicio intertextual” desde uns poemas que “xogan un papel na novela".

Trátase dunha historia narrada a varias voces e dividida en tres partes, cada unha das cales coincide cun ano diferente entre 1863 e 1865, período durante o cal Concepción Arenal foi visitadora no cárcere da Galera, na Coruña.

“Algúns capítulos seguen a Concepción Arenal, o esforzo que fai esta muller tan visionaria que quere cambiar o que ocorre nas prisións, para que esa xente cando salga volva á sociedade cando non existía non xa a palabra senón sequera a idea da reinserción”, explica a autora.

A outra protagonista é unha rapariga de 15 anos que está presa porque acompañou á súa nai para abortar, o que lle causou a morte.

“A novela empeza o día que ela entra en prisión e aínda que é un personaxe de ficción está baseada nunha historia real ocorrida cen anos despois, en 1953. Quero dicir que hai cousas que ocorrían no século XIX, e ocorrían no XX e ocorren nalgúns países no XXI”, conclúe.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00