Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O mercado de San Agustín recupera historias silenciadas da movida con Chus Taboada e 'Voces de Ultratumba'

A movida coruñesa e ferrolá, a pesar de ter grandes grupos nas súas filas, tamén segue vivindo á sombra do xigante Vigo

Reportaje sobre la movida en Galicia (19/02/2022)

Reportaje sobre la movida en Galicia (19/02/2022)

00:00:0004:45
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

Cando pensamos na Movida galega é fácil que a nosa mente viaxe directamente a Vigo e a grupos masculinos de aura salvaxe. O certo é que na movida se hai algo que sobra son historias e grupos ata o de agora descoñecidos. Un exemplo claro é Voces de Ultratumba, un grupo de cinco mulleres que toma voz na Coruña grazas á exposición do Mercado de San Agustín "Unha vida de Ultratumba".

Aínda que a súa situación podería parecer propicia para o éxito, o seu talento foi sepultado por unha cuestión fundamental para o grupo: todas as integrantes eran mulleres.

Un relato que calquera poderá percorrer no mercado de San Agustín ata o vindeiro sábado 28. E desta historia recuperada por Maritxu Alonso, pasamos á Movida Coruñesa; unha historia, en moitas ocasións tamén silenciada.

Cun disco ás súas costas, Nin falta que fai de fai, de 1986, e o álbum recompilatorio Memorias de Óxido de 2018 -con maquetas e directos inéditos do grupo- Radio Océano puxeron a bailar a moitos mozos da cidade. Sobre todo, obviamente, nesa estraña e convulsa época de creación cultural dos 80.

A diversión e chúpalas "" foron, sen dúbida, o lema por bandeira dunha xeración envorcada na música. Á pregunta de por que a Movida de Vigo é máis lembrada que a coruñesa Pereiro é claro: "Simplemente enviaron máis maquetas". E é que se algo sobraba nos 80 eran grupos e axentes culturais que daban voz a unha xeración con ganas de romper con todo.

Ferrol tampouco debe ter envexa da movida viguesa. Grupos como Os Limóns, en activo desde o 1983, lémbrannos que se os 80 seguen vivos é porque nunca se foron. A irmandade e unión entre todas as cidades galegas permitiu que as grandes bandas dos 80 puidesen crear e compartir xuntas. Santiago Santo, vocalista dos Limóns, explícao desta forma:

Compartir, celebrar e conversar é todo o que pode esperarse dunha etapa da historia marcada pola chegada da democracia. Os bares de toda Galicia estaban cheos de mozos con ganas de socializar e dar renda solta á súa imaxinación musical. E é que, algunhas desas pezas, quedarán gravadas para a historia.

Desde 1986 o equipo da Coruña ten un himno que bebe directamente da movida. Gandy, Falke, Tato e Pedro Trelles, membros de Cacahúe, deixaron unha pegada indeleble na cidade. Un grupo de apaixonados polo rock que estivo a nada de alcanzalo todo, unha promesa rota pola perda insuperable de Tato, o baixista do grupo. A pesar de todo, en certa medida, Cacahúe segue rompendo escenarios na Coruña e en Madrid. Gandy, ex-membro de Cacahúe baila e celebra, agora co seu grupo 'A Banda do camión', os 80 todos os anos en Madrid onde di, seguen pedíndolle o xa mítico Rock do Deportivo.

E é que a movida non se quedou atrás, só se lembra menos a miúdo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir