Sociedad | Actualidad

O Tribunal Superior de Galicia avala a ordenanza do galego da Coruña e nega que se prohiba o español

Rexeitou o recurso presentado pola entidade Falamos Español

A Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a ordenanza lingüística do Concello da Coruña que promove o uso do galego e nega que o Consistorio prohiba o uso do español.

Unha sentenza do 7 de novembro da sala do contencioso-administrativo do TSXG, difundida este xoves aos medios, rexeita o recurso da entidade Falamos Español.

O Tribunal declara que a ordenanza municipal de uso da lingua galega no Concello da Coruña é conforme a dereito, pois "recoñece expresamente o castelán como lingua oficial no Concello", á vez que subliña que non impide á administración dirixirse en castelán aos cidadáns que así o desexen.

"Empregar e promover o uso do galego por parte da administración non nega a cada cidadán o seu dereito de elección lingüística relacional se así o desexa, simplemente establece un uso normal do galego por parte do Concello, o cal deriva directamente de mandatos de carácter estatutario e legal, que apuntan a esta solución como política de normalización lingüística dunha lingua historicamente sometida a un proceso sociolingüístico de diglosia", subliña a sentenza.

Na sentenza lémbrase que está detallado o "carácter cooficial do castelán" e explica e desenvolve "en que consistirá a promoción e normalización do uso do galego no campo municipal".

"O uso normal do galego ao que se convida na ordenanza é perfectamente coherente co modelo constitucional de cooficialidade e, tal e como está redactado, de ningunha maneira admite a interpretación de que se prohiba aos destinatarios da norma expresarse en castelán", continúa.

A sala tamén avala que os pregos dos contratos administrativos conten coas denominadas "cláusulas de contratación pública lingüisticamente responsable".

Ve posible que esas cláusulas funcionen “como elementos de mellora das condicións da prestación ofertada, co límite de non excluír do proceso a quen non as incorpore, de maneira que funcionarán como mérito a ter en conta á hora de tomar a decisión, posto que unha prestación que incorpora ambas as linguas é de mellor calidade en termos de dereitos cidadáns que aqueloutra que exclúe unha delas".

Contra a sentenza cabe presentar recurso de casación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00