Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

"Xa estamos de volta": Regresa o entroido coruñés

Unha exposición de Os Maracos conmemora o 40 aniversario da comparsa

A Coruña

O Entroido coruñés deu o seu pistoletazo de saída, despois dun ano sen a festa máis popular da cidade. A programación comezou esta mañá coa inauguración no Palacio de María Pita dunha exposición dedicada a Os Maracos, que este ano cumpre o seu 40 aniversario.

Más información

Vestidos de árabes e recentemente chegados de Abu Dhabi, integrantes de Vos Maracos puxéronlle música e letra á inauguración da mostra que percorre a súa historia e a do propio entroido herculino. Non faltan os cabezones de Aznar, Rajoy, Rodríguez Zapatero, Feijóo ou Casado, entre outros políticos, e a figura de Paco Vázquez de cardeal. Tampouco fotografías con instantáneas do máis puro choqueiro e libretos con textos carnavaleros.

A alcaldesa Inés Rey deu a benvida ao Entroido cun "Estamos de volta", nun intento máis de volta á normalidade tras a progresiva caída da sexta onda do Covid.

Romualdo Irixoa, alma mater de Os Maracos, agradeceu a participación de todos os que conseguiron manter a chama do festexo máis tradicional da cidade. Nunha chiscadela á actualidade, tróuxose de Abu Dhabi un recado do rei emérito para a alcaldesa: que negocie con Amancio Ortega e Francisco Vázquez para el un piso en O Parrote.

O Entroido comeza oficialmente o vindeiro domingo na Coruña co concurso de comparsas, ás seis da tarde, para seguir o día 24 co xoves de comadres e o 25 coa entronización do Deus Momo no Obelisco. O desfile e concurso de carrozas e comparsas terán lugar o sábado e a música poñeraa o luns 28 o grupo Varry Brava, participante da última edición do Benidorm Fest, na Praza de María Pita. A Rúa da Torre volverá converterse no epicentro do tradicional desfile de choqueiros o martes 1 de marzo festivo local e a festa chegará ao seu final o mércores 2 de marzo co enterro da sardiña.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir