Rastros volve ao Teatro Rosalía case trinta anos despois
A reestrea coincide co vinte aniversario do falecemento de Roberto Vidal Bolaño
A Coruña
Cúmprense 20 anos da morte de Roberto Vidal Bolaño, unha figura fundamental na profesionalización e a consolidación do teatro en Galicia. O Centro dramático galego e a compañía Condetrespés están de xira cunha das súas obras máis importantes, "Rastros", que se representa hoxe a partir das oito e media no Teatro Rosalía de Castro e volve poñerse en escena na Coruña, case trinta anos despois da súa estrea, cunha nova adaptación.
"Rastros" fala do intento de suicidio dunha muller aínda nova que lembra, mentres está na UCI, aos tres homes que compartiron a súa vida: un escritor de novelas co que viviu un aborto, un integrante do Exército Guerrilleiro de Povo Galego Ceibe, preso en Alcalá de Henares acusado de asasinato, e un economista vendedor de electrodomésticos.
Volve aos escenarios da man do director Lois Blanco Araúxo con Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera e Mateo Franco. A compañía describe á protagonista, Esther, como "unha muller descaradamente libre" que afai dicir o que pensa e facer o que sente, sen prexuízos.
Vidal Vilaño concibiuna trinta anos antes da consolidación do movemento feminista na rúa, como unha muller adiantada ao seu tempo.