Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Ocio y cultura

Tomiño e Cerveira apostan por darse a coñecerse a través dunha guía turística ilustrada

A mascota Mizi narra de xeito divertido e didáctico os episodios máis relevantes dos dous municipios

Entrevista a Fátima Rodríguez, Sara Quintana e Xosé Tomás sobre a publicación da guía ilustrada da Eurocidade Cerveira - Tomiño

Entrevista a Fátima Rodríguez, Sara Quintana e Xosé Tomás sobre a publicación da guía ilustrada da Eurocidade Cerveira - Tomiño

12:47

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1686835187134/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Ante a existencia dunha diversidade de recursos comúns de ámbito familiar, Tomiño e Vila Nova de Cerveira publican "A Pequena Grande Historia - Eurocidade Cerveira-Tomiño", unha guía turística e educativa ilustrada na que a mascota Mizi narra os episodios máis relevantes dende os primeiros habitantes ata á actualidade, dando a coñecer os lugares máis emblemáticos a visitar neste territorio transfronteirizo.

Incorporando o concepto de 'Dous Países, Un Destino', ambos municipios pretenden afirmarse cada vez máis como un "destino amigo das familias", unindo as súas potencialidades naturais, patrimoniais, culturais e de lecer en prol dunha experiencia que definen como única. Con un perfil moi amigable e un discurso accesible, Mizi asume o papel de guía turístico a través de diferentes episodios, como a chegada dos romanos, a independencia de Portugal, a Guerra da Restauración ou a Invasión Francesa. Á medida que conta estes feitos, convida ás familias a visitar monumentos ou outros espazos.

Para coñecer tódolos detalles de "A Pequena Grande Historia - Eurocidade Cerveira-Tomiño", entrevistamos no tempo do Hoy por Hoy Vigo e Baixo Miño a concellería do ámbito da Eurocidade e da Mocidade en Tomiño, Fátima Rodríguez, e aos dous autores da publicación: Sara Quintana, encargada dos textos, e Xosé Tomás, responsable das ilustracións. A guía (financiada nun 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza) repartirase a partir de setembro nos centros educativos de ambas localidades e conxuga o galego e o portugués para reforzar os lazos de amizade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00