Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Os vetos entre a oposición achegan a Iago Toba á alcaldía de Muxía e Luis Insua á de Fisterra

En Fisterra, co pacto condicionado ao que suceda en Bergondo, cobra forza o goberno do PP. Os vetos PP-BNG darían a alcaldía a Iago Toba. Ponteceso terá a José Manuel Mato de alcalde.

O alcalde de Muxía en funcións, Iago Toba, moi cerca de revalidar mandato / cedida

O alcalde de Muxía en funcións, Iago Toba, moi cerca de revalidar mandato

Muxía

A 24 horas da celebración dos plenos de investidura a situación da maior parte dos concellos comenza a aclararse. Fisterra e Muxía son os municipios que inda non teñen acordos pechados, en Mazaricos e Corcubión haberá que agardar ao 7 de xullo para comenzar a lexislatura e en Ponteceso, tal e como adiantou Radio Nordés, José Manuel Mato será o novo alcalde.

Muxía: as liñas vermellas na oposición impulsan a Iago Toba

A falta de sintonía entre BNG e PP alonxa a posibilidade dun goberno alternativo ao socialista Iago Toba. Os nacionalistas apoiarán a investidura de Javier Sar (Independentes por Muxía) nunha alianza que precisa do apoio dos tres edís do PP para sair adiante. Sen embargo, o BNG rexeita a entrada dos populares no novo goberno, unha condición necesaria para que o PP apoie a investidura de Javier Sar. Sandra Vilela, candidata do PP, considera que como partido político con máis concelleiros da oposición non poden quedar fóra do goberno. Fontes populares recoñecen ter ofrecido a alcaldía ao BNG a cambio de que aceptasen a súa presenza no futuro goberno pero os nacionalistas rexeitan esa opción ao consideran un "fraude democrático" gobernar tendo tan só un edil. Dende Independentes por Muxía gardan silencio pero en privado amosan o seu malestar por como se está a desenrolar a negociación. Dende fontes do partido consideran que "en vez de avanzar semella que imos para atrás". IxM remitirá nas próximas horas un comunicado amosando oficialmente a súa postura

Fisterra: o futuro de Fisterra decídese en... Bergondo

Ao igual que sucede en Muxía, os atrancos entre a oposición achegan a alcaldía á lista máis votada, que neste caso é a do PP de Luis Insua. Os populares perderían o goberno se AV, PSOE e BNG votan xuntos na investidura. Os nacionalistas xa amosaron a súa vontade de facer alcaldesa a Áurea Domínguez (AV) pero precisan o apoio dos dous edís do PSOE. A negociación pola alcaldía fisterrá está condicionada por Bergondo, onde ao revés do caso fisterrán, é o PSOE quen precisa do apoio de AV para facerse coa alcaldía. O "intercambio de cromos" parecía encamiñado pero a falta de sintonía entre AV Bergondo e PSOE pode provocar que os socialistas fisterráns "devolvan a moeda" non aliñándose con AV e BNG, o que faría alcalde a Luis Insua (PP). O presidente de Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mostraba o seu malestar en declaracións a Radio Coruña. "Levamos uns días que non sei onde está a clase política deste país. Somos a forza de esquerdas máis votada en Fisterra pero o PSOE duda. Alí o pleno será unha hora máis tarde. En Bergondo somos a chave para calquer goberno e non queremos que goberne o PP pero a actitude da alcaldesa dun PSOE que vén de perder dous concelleiros fai que haxa dudas sobre o que pase neste concello. Semella que do que pase en Bergondo podería haber represalias en Fisterra. Hai que pensar máis nas persoas. Pareceme denigrante" manifestou García Seoane. No que vai de semana AV e PSOE non mantiveron ningún contacto e haberá que estar á espera do que suceda ao logo da tarde para calibrar a posibilidade de que haxa sorpresa nun pleno de investidura que terá lugar ás 13h.

Ponteceso: José Manuel Mato alcalde

Tal e como adiantou Radio Nordés, José Manuel Mato será o alcalde de Ponteceso logo de conseguir o apoio de Adiante por Ponteceso. A formación de Roberto Andrade (AxP) tiña a chave de goberno ao estar entre a alianza PP-PG por unha banda e PSOE-BNG e Espazo Común polo outro. O PSOE ofreceu a cabeza de Lois García Carballido para formar un cuatripartito que dependía do voto de AxP. A Asemblea de AxP someteu ambas opcións a votación e decidiu por unanimidade apoiar a investidura de José Manuel Mato que recupera unha alcaldía perdida polo PP no 2015. Adiante por Ponteceso favorece a chegada do PP ao goberno pero sen integrarse nel. Un goberno pontecesán que estará formado por PP e Partido Galego, que terá dúas concellerías baixo a súa xestión.

Corcubión e Mazaricos, a esperar ata o 7 de xullo

Os problemas co reconto no Partido Xudicial de Noia provoca que, pese a obter maioría absouta, Juan Blanco (BNG) deba agardar ata o mes de xullo para revalidar o seu mandato. UNha data na que tamén terá lugar a sesió de investidura en Corcubión. Alí estaban á espera da resolución da Xunta Electoral Central ao respecto dun voto que mantiña un concelleiro por asignar. PP e PACor pelexaban por un asento na corporación e esta mesma mañán a resolcuión favoreceu a PACor, a formación de José Ramón Rojo que recupera a súa presenza no pleno a costa do segundo edil do PP, que queda con un. Os populares pensan en presentar un recurso sobre esa decisión e, pese a que a resolucion da XEC chegou antes do sábado, a sesión de investidura xa fora adiada ata o 7 de xullo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir