Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Fisterra ten alcaldesa: Áurea Domínguez

O PSOE sumouse á investidura logo do apoio de AV aos socialistas en Bergondo

Áurea Domínguez é a nova alcaldesa de Fisterra

Áurea Domínguez é a nova alcaldesa de Fisterra

Fisterra

Fisterra foi o único concello da bisbarra onde se afrontou o pleno de investidura rodeado de interrogantes. Nun salón de plenos cheo de veciños, ninguén daba pistas sobre o que podería pasar minutos despois. A candidata de Alternativa dos Veciños, Áurea Domínguez, era reticente a sacarse fotos, o candidato socialista Pepe Marcote afirmaba ás 11:40 que nada cambiara, mentres que o equipo do popular Luis Iglesias facía acto de presenza catro minutos antes do comenzo da sesión.

Na fin do mundo nunca houbera tantas olladas depositadas en Bergondo, onde Alternativa dos Veciños outorgaba a alcaldía ao PSOE. Na Vila do Cristo agardaban un intercambio de cromos, unha devolución "do favor" por parte do PSOE, abrindo o despacho da alcaldía á debutante Áurea Domínguez.

Coma se fose un guión de película, o desenlace fíxose agardar. Os necesarios requisitos legais previos á votación fixéronselle interminables a un auditorio que contiña a respiración como se contén cando nun campo de fútbol se lanza un penalti. A votación foi coma esa pena máxima do fútbol. Nunca nove concelleiros erguendo a man provocaron unha marea de emocións semellante no auditorio fisterrán. Pepe Marcote dou pistas retirando a súa candidatura e os seis votos de AV, PSOE e BNG deron a Fisterra a súa primeira alcaldesa da historia. Decepción e ledicia na bancada a partes iguais.

Áurea Domínguez abriu un primeiro turno de intervención aos voceiros dos diferentes grupos políticos. O discurso do voceiro do BNG foi interrumpido en varias ocasións. Pepe Marcote, líder socialista, rexeitou intervir e Luis Insua (PP) felicitou á nova rexedora ao tempo que denunciou a condición de "Fisterra como moeda de cambio" laiándose de perder a alcaldía cando foran a forza más votada. Dende o público unha veciña "dou as grazas" ao alcalde saínte, Pepe Marcote, por dar a Fisterra "unha alcaldesa comunista". E é que nas sesións plenarias, como no fútbol, tamén hai hooligans.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir