Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Marabaixo abre a mellor terraza da Coruña para conectar co sabor atlántico

A empresa local de ecoturismo complementa a súa oferta turística coa nova “Ruta Salgada” , unha proposta única e exclusiva na que seis comensais poderán degustar un pequeno menú atlántico a bordo do Galeón Punta Pragueira

A Coruña

Marabaixo, a única empresa de ecoturismo náutico con actividade na cidade da Coruña, estrea este mes de xuño unha nova experiencia náutica que ten como obxectivo a búsqueda do sabor atlántico, baixo o nome de"Ruta Salgada". Durante as 2 horas deste percorrido nun barco tradicional de madeira, o galeón Punta Pragueira, a veciñanza e as persoas visitantes que participen desta actividade poderán descubrir lugares da bahía e, do porto Coruñés, vinculados ao xeito de alimentarnos. Como explica o director de Marabaixo, XandroGarcía, "nesta ruta falamos de gastronomía, de mar e de historia local. Por exemplo, a maioría da xente non sabe que a primeira fábrica de conservas de Galiza asentouse na Coruña, ou que unha das maiores factorías do mundo de produtos elaborados de peixe, a desaparecida PEBSA, tivo base no porto coruñés." Tras un paseo en veleiro pola baía da Coruña, previa explicación sobre o entorno e a embarcación tradicional galega, dirixida polo biólogo mariño e patrón Xandro García, a excursión remata cunha degustación a bordo de produtos de proximidade relacionados co mar. Este menú atlántico está composto de produtos como conservas de mexillóns e algas, viño da IXP terra de Betanzos, e galletas artesanais, froito da colaboración con empresas como Porto Muiños, Adegas Rilo e Raizame.

Información sobre a Ruta Salgada, experiencia de ocio náutico e gastronomía na Coruña

Esta actividade de ocio náutico realízase de forma regual cada domingo con saída ás 11:30 dende Marina Coruña. A reserva e compra de billetes pode facerse directamente na web marabaixo.gal ou no teléfono/whatsapp 623 39 37 05. Ten un prezo de 300€ cun aforo máximo para 6 persoas. Máis información sobre a Ruta Salgada: https://marabaixo.gal/ruta-salgada-menu-degustacion-coruna/

Datos de interese sobre as Rutas Marabaixo

Marabaixo é actualmente a única empresa local de ecoturismo náutico con actividade na cidade da Coruña. Máis de 500 persoas, locais e visitantes de entre 4 e 90 anos, difrutaron xa desta experiencia náutica inmersiva que comezou a súa andadura no verán do 2022. A procedencia destas persoas ao igual que o rango de idade, son moi dispares: dende veciñas da Coruña que teñen curiosidade por coñecer a súa cidade dende outra perspectiva, ate visitantes procedentes de outras partes de Galiza como Lugo ou Camariñas, que aproveitan o seu paso pola cidade para coñecela dende outra óptica. Tamén visitantes doutras partes do Estado Español e de Europa como Pais Vasco, Zamora, Madrid, Cantabria, Países Baixos, Reino Unido ou Francia. Dende o inicio desta iniciativa capiteanada por Xando García, Marabaixo conta cunha equipa de profesionais relacionados coa bioloxía, educación, divulgación e formación ambiental.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir