Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Radio Conta cumpre 10 anos solidarios cunha gala o 14 de decembro

Este ano estará dedicada a ADACECO. Touriñán, Sés, Jorge e Pepe Coira, Borja Quiza e Mabel Rivera participarán, entre outros, nesta cita da radio local en Nadal

Moncho Viña nos habla sobre la 10º edición de A Radio Conta

Moncho Viña nos habla sobre la 10º edición de A Radio Conta

00:00:0008:39
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A Radio Conta cumpre 10 anos. A Gala baixo o lema nesta edición de "Estamos de dez" será gravada o 14 de decembro no Teatro Rosalía, de 5 a 8 da tarde, con público e entrada gratuíta. Será emitida ao mesmo tempo en todos os diales o sábado 24 de decembro, tamén de 5 a 8. Este ano estará dedicada a ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral Adquirido. Entre os artistas invitados, Jorge e Pepe Coira con Mabel Rivera, Sés, Borja Quiza, Ortiga e Abraham Cupeiro. Moncho Viña, un dos portavoces da Radio Conta.

Os xornalistas Luís Pousa e José Manuel Gutiérrez e o humor de Xosé Antonio Touriñán xunto ao radioteatro que guionizará Óscar Cruz completarán un programa no que tamén se repasarán os mellores momentos das nove edicións anteriores desta iniciativa radiofónica e solidaria. Non é necesario ter invitación, o acceso ao Teatro o día 14 é libre. A Radio Conta é unha iniciativa que naceu coa suma de profesionais de todas as emisoras de radio, públicas e privadas, da cidade da Coruña.

O evento difundirase desde as 17:00 horas do 24 de decembro nas emisións locais de Radio Galega, Radio Nacional de España, RadioVoz, Radio Intercoruña, Radio Coruña Cadea SER, Onda Cero, Radio Marca e COPE.

A Radio Galega achegará a cobertura técnica para unha proposta que os seus organizadores conciben como "unha acción coral que ten dous obxectivos, a solidariedade e a homenaxe á radio máis próxima", valoraron este mércores nun comunicado.

A emisión pretende "dar visibilidade" a Adaceco, "referencia na comarca da Coruña en atención ao dano cerebral adquirido" e que dá "servizo a máis de 150 persoas e ás súas familias grazas a profesionais con formación nas últimas tendencias en tratamentos".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir