O TSXG anula finalmente o parque eólico de Bustelo
O órgano xudicial considera que hai unha "fragmentación indebida"
As instalacións eólicas seguen extendéndose pola bisbarra / j.l.cereijido (EFE)
Costa da Morte
O máximo órgano xudicial de Galicia vén de botar abaixo a pretensión de Greenalia de de instalar o parque eólico entre os concellos de Coristanco e Carballo. Esta é a segunda sentenza que tumba a un parque similar logo da que anulou a do Campelo. O alto tribunal galego volve dar a razón á asociación ADEGA frente á Xunta de Galicia e a empresa Greenalia.
A comenzos de semana a empresa informaba da reactivación do desenvolvemento dese parque ante a desestimación do recurso presentado por ADEGA. Pero nunha nota aclaratoria o TSXG matizaba que na sentenza había "un erro material evidente" xa que figuraba que "desestima" o recurso en lugar de "estima" que é o que realmente estaba considerando. Así o fixo saber na mañá de onte Fins Eirexas, voceiro de ADEGA, nos micrófonos de Radio Nordés.
Os maxistrados consideran probado na sentenza que tivo lugar unha "fragmentación do proxecto" do parque eólico. En concreto estiman que se produciu a fragmentación da avaliación ambiental de proxectos dos tres parques (Campelo, Monte Toural e o propio de Bustelo) que en realidade non eran autónomos, senón integrados e dependentes entre sí, xa que compartán estruturas e conexións, a pesar de ter presentado as solicitudes en datas distantes entre sí. Por iso o TSXG considera que a avaliación ambiental ordinaria tería que ser única. Ademais a Sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo lembra que o art.36.1 la Lei de Avaliación Ambiental impón que os informes sectoriais débense obter antes do trámite de información pública. Tamén destaca que cando se someteu o proxecto ao último trámite de información pública inda non se recibiran todos os informes sectoriais.
Dende ADEGA seguen coa campaña "Ti podes paralos2 de recollida de fondos para continuar coas alegacións a outros 17 proxectos eólicos en toda Galicia. Algúns deles están situados na Costa da Morte, como son os casos de Monte da Croa en Vimianzo e Dumbría ou Alvite II en Mazaricos e Santa Comba. Polo momento levan recadados 37.000 euros.