O XXV Memorial Ibán Toxeiro homenaxeará ao cómico Pedro Brandariz
Na gala de mañá no Teatro Rosalía colaborarán compañeiros e amigos de Brandariz como Touriñán ou Sabela Hermida

Silvia Penelas Cuiña

A Coruña
O Memorial Ibán Toxeiro celebrará mañá ás 20.30 no Teatro Rosalía de Castro a que é xa o seu vixésimo quinta edición. Unha gala dedicada ao cómico e colaborador desta casa Pedro Brandariz que falecía o pasado febreiro aos 44 anos. Amigos e compañeiros de Brandariz como Touriñán, José Losada, Sabela Hermida ou ACAB Teatro actuarán mañá na súa memoria.
Os asistentes a este Memorial Ibán Toxeiro poderán viaxar polas diferentes facetas do noso querido amigo Pedro Brandariz, desde a súa paixón polo teatro e os monólogos ata os seus dotes cos nenos como conta contos.
O premio Lino Braxe será para a figura de Pedro Brandariz cun trofeo deseñado polo escultor Pedro Galán. A entrada é gratuíta ata completar aforo.




