Ocio y cultura

O faiado dos libros, lecturas para vivir outras vidas

Celia Fernández, responsable da libraría Espazo Lector Nobel, recoméndanos tres lecturas

O faiado dos libros

Ourense

O faiado dos libros é un espazo dedicado á literatura no que a responsable da libraría Espazo Lector Nobel, Celia Fernández, achéganos a diferentes lecturas.

A primeira delas `A dona de auria´ de Andrés Pombo Graña. Unha lectura na nosa lingua, continuación de `O segredo das Burgas´de 2028. A novela, publicada en Galaxia, comeza canda a meiga de meigas é chamada ao Edificio Siméon para tratar cunha invasión de trasnos.

Da editorial Seix Barral, Alana S. Portero presenta `La mala costumbre´. Un libro narrado en primeira persoa que percorre a adolescencia dunha nena atrapada nun corpo que non sabe habitar. Dende o contexto dunha familia de clase obreira do barrio de San Blas, nos oitenta, até as noites clandestinas no centro de Madrid dos noventa.

No faiado dos libros sempre hai unha mención especial para as lectores e lectores máis novos. `Estou ocupado!´ que parte dunha premisa: “Que farías ti mentres o teu pai estás ocupado no baño?”. Un texto de R. J. Peralta con ilustracións de Blanca Millán.

Feliz lectura!