Dúas menores rescatadas na praia de Carnota
O 112 despregou un operativo que rematou con éxito

Praia de Carnota, escenario do rescate na tarde de onte / Cedida

Carnota
Dúas rapazas menores de idade foron rescatadas esta tarde no areal carnotán logo de sufrir un percance na auga. Os feitos tiveron lugar ao redor das tres da tarde, cando dende terra diversas persoas puideron observar a dúas persoas que pedían axuda no mar. As rapazas atopábanse a bastante distancia de terra e amosábanse incapaces de retornar por sí mesmas.
Dende o 112 coordinouse un operativo que mobilizou ao 061, Salvamento Marítimo, GES de Muros, Gardacostas, policía local, Protección Civil de Carnota. e Garda Civil. Precisamente serían un membro do instituo armados e un particular os que se achegaron ás mozas axudados por sendas táboas de surf. Unha vez a salvo, foron trasladadas ao PAC de Muros, onde confirmaron o seu bó estado de saúde inda que evidenciaban síntomas de ter tragado auga na súa loita por manterse a flote.




