A Vivir GaliciaA Vivir Galicia
Ocio y cultura

O convento de Santa Clara fará máis grande o Museo de Pontevedra e engadirá espazos verdes á capital do Lérez.

O director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey García, moi ilusionado coa resposta ao concurso de anteproxectos de rehabilitación, ao que concorreron algúns dos estudos de arquitectura máis importantes.

Entrevista a Xosé Manuel Rey García

Entrevista a Xosé Manuel Rey García

09:08

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1687692758355/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

O convento de Santa Clara estivo pechado á cidadanía de Pontevedra durante máis de 700 anos, onde viviron ata hai seis anos monxas de clausura. Agora foi recuperado para a cidade polo Concello de Pontevedra e formará parte do Museo de Pontevedra tras a súa rehabilitación e adecuación como espazo expositivo.

Para realizar a reconversión do recinto nun espazo público a Deputación abriu un concurso de anteproxectos no que participaron 23 estudios de talla mundial nunha primeira fase. Para a segunda fase quedaron cinco: Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela, que suman 78 premios internacionais, e obras como o Memorial do 11S en Nova Iorque, o MoMa de San Francisco ou a Biblioteca de Alejandría, entre outros.

O tribunal resolveu que o deseño gañador foi ‘Verbas da Pedra’ de Nieto Sobejano , o estudo madrileño obtvivo 86 puntos sobre 100 posibles.

O anteproxecto gañador recibirá 60.000 euros de premio, e poderá servir de base, coas modificacións necesarias e as indicacións do departamento autonómico de Patrimonio, para o proxecto final.

A Deputación de Pontevedra ten previsto un investimento de entre 24 e 26 millóns de euros para a rehabiliación do Convento de Santa Clara. Cando estea rematada poderá mellorar a organización do Museo de Pontevedra, incorporar novas sas para expor pezas que agora non están a vista do público e responder á constante incorporación de material arqueolóxico de toda a provincia, tamén abrirá ao público o bosque e a horta do convento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00