Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Sofán mostra a súa superioridade na final de Copa da Costa

Gañou por 0-5 ao Baio nunha final que dominou con claridade

Sofán, campión da Copa da Costa / S.D. SOFÁN

Sofán, campión da Copa da Costa

Santa Comba

O Sofán conseguiu a primeira Copa da Costa da súa historia logo de vencer ao Baio por 0-5 na Fontenla onde máis de 2000 seguidores se deron cita dando cor ás bancadas do campo xalleiro. O branquiazul no Baio e o vermello do Sofán conviviron con normalidade na gran festa do fútbol costeiro.

O Sofán saiu ao campo disposto a ser o protagonista do partido e abofé que o conseguiu xa que dominou gran parte do encontro. Os homes de Torreira avisaron con dúas xogadas a balón parado e na terceira Bandeira, unhas das referencias dos sofanistas, aproveitou un rechace do meta baiés para enviar o balón ao fondo da rede. Pero o Sofán non afrouxou e continuou buscando o gol e froito diso chegou unha delicatessen de Paulo. Roubo de balón, chegada á media lúa e definición directamente na escadra da meta de Iván, porteiro do Baio. Media hora de xogo e un 0-2 que empezaba a encarrilar a final. A recta final da primeira metade deixou os mellores momentos dos baises. Os de Félix García deron a cara durante todo o encontro. Hai xeitos de caer nunha final e os baieses elixiron pelexar ata o último alento ante un rival superior en moitas facetas.

No segundo tempo o Baio axitou a árbore dando entrada a un terceiro central, buscando tanto a profundidade dos laterais como un gol que os metese de novo no partido. Pero o Sofán era unha máquina de demolición que non deixou de bater unha e outra vez na procura de máis goles. Nunha chegada por banda esquerda Dani Pena sofocou a tentativa de rebelión do Baio. Tentouno todo o cadro do concello de Zas pero sen éxito. O Sofán impoñía a súa superioridade física e continuaba presionando cerca da meta rival ante un Baio cada vez máis exposto na procura do gol da honra. Nesa batalla emerxía a figura dun Alexandre, extremo do Sofán convertido nun estilete pola banda dereita. Tivo dúas ocasións para anotar e á terceiro nun roubo na área rival asistiu a Iván para facer o 0-4. Prácticamente na última xogada chegaría o tanto de Taibo, aproveitando a indecisión dunha zaga baiesa exhausta.

O Sofán sumou a sús primeira Copa da Costa da historia e o celebrou sobre o céspede cunha foto de familia de xogadores, técnicos, directivos, seareiros e cativos da súa escola de fútbol. Unha estructura en crecemento para un equipo que funcionou coa precisión dun reloxo suizo. Na outra banda os seareiros do Baio tamén inmortalizaban o momento cos seus xogadores logo dunha final na que quedou claro que ata para caer hai que ter categoría... e o Baio a ten.

Baio: Iván; Peke (Ceide 70´), Norberto (Yago 81´), Pazos, Pablo; Pastoriza (Costiña 46´) e Bieito; Aday (Santiso 54´), Aitor, Porti (Josiño 81´) e MC.

Sofán: Brais Gómez; Alexandre, Bece, Noé, Dani García; Fabián, Pablo (Juanjo 70´); Dani Pena, Bandera (Jacobo 60´), Fita (Iván 54´), Paulo (Taibo 76´)

Árbitro: Manuel Castro Mouzo. Amonestou a Norberto (15´) polo Baio e Dani García (27´) e Fita (49´) polo Sofán.

Goles: 0-1 Bandera no 16´rematando un rechace de Iván, meta do Baio. 0-2 Paulo no 28´rematando dende a media lúa. 0-3 Dani Pena 52´. 0-4 Iván 81´. 0-5 Taibo 89´.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir