A Laracha aposta pola continuidade
Estructura de goberno similar e sesións plenarias cada dous meses
Imaxe do pleno celebrado na Laracha
A Laracha
A Laracha celebrou esta mañán o pleno de organización no que o continuismo foi a tónica dominante. Únicamente houbo modificacións menores como é o día de celebración dos plenos ordinarios. Nesta lexislatura as sesións seguirán sendo cada dous meses pero van ter lugar os xoves, en lugar dos venres como era costume.
Un dos puntos da orde do día era o establecemento de tres adicacións exclusivas para os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito (responsable de Persoal, Medio Ambiente, Servizos Municipais, Feiras e Mercados), Patricia Bello Canedo (que se encargará de Ensino, Cultura, Deportes, Xuventudes, Turismo e Festas) e Rocío López Rey (á fronte de Sanidade, Servizos Sociais, Igualdade, Emprego e Promoción Económica). Non terá asignación económica o concelleiro de Patrimonio, Obras e Urbanismo, Pablo Cambón Bértoa.
Ademáis, ao igual que na pasada lexislatura, haberá dúas comisións informativas permanentes: a de Asuntos Económicos, Facenda e a de Asuntos Xerais do Pleno. Ambas estarán compostas por membros dos tres grupos con presenza na corporación e en proporción á súa representatividade, é dicir, sete do PP, dous do BNG e un do PSOE. Na Laracha tamén haberá unha Xunta de Goberno composta por 5 membros do PP e que se reunirá todos os mércores.