Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O parque de bombeiros de Cee permanece pechado pola folga

A falta de efectivos, só hai dous bombeiros operativos, provoca o peche.

Parque de bombeiros de Cee

Parque de bombeiros de Cee

Cee

Se o venres foi Carballo quen, en plena festa do San Xoan, quedou sen servizo de bombeiros por falta de persoal, hoxe tócalle a Cee prescindir dun elemento fundamental na seguridade colectiva. O conflito que mantén o persoal laboral provoca que hoxe luns o servizo se estea a prestar dende Santa Comba. Os bombeiros solicitan unha actualización de salarios e ter os mesmos dereitos "que o persoal laboral de calquera institución pública".

Arturo Pasantes, voceiro dos bombeiros en Cee, explicaba os motivos da clausura. "O servizo está pechado por falta de persoal operativo. Os servizos mínimos fixáronse nun mínimo de 3 bombeiros, pero entre permisos e baixas non se acada esa cifra. Págao a cidadanía da bisbarra de Fisterra e Soneira que quedan sen servizo" afirmaba nos micrófonos de Radio Nordés.

A esta situación chégase debido á falta de persoal que arrastran dende hai varios anos. "Se non facemos horas extras xa se pecha un parque de bombeiros e iso non pode ser. Son 17 anos que levamos sen aumentar a plantilla, e somos 17 anos máis vellos. Estamos en precario" laiábase Arturo Pasantes. A ausencia de bombeiros é unha situación nova na bisbarra, xa que como lembraba o propio Pasantes, "este servizo que é básico non se pechou na pandemia e agora pecha por falta de efectivos. É patético". Nos vindeiros días porán a situación en coñecemento dos alcaldes dos concellos onde prestan servizo, co fin de que a veciñanza coñeza a situación que atravesan.

Co parque de Cee pechado, o servizo péstase dende Santa Comba, aumentando o tempo de reacción ante unha emerxencia. Os parques de Cee e Santa Comba están seprados por 40 km, unha media hora en coche. "Santa Comba encárgase agora de 14 concellos con 5 bombeiros. Os dous dispoñibles de Cee incorporáronse alí" explicaba Pasantes.

Tamén solicitan unha mellora nos materiais cos que traballan. Denuncian a precariedade debido ao desgaste que sufre o material ao acumular moitas horas de uso. "Hai material que se retira e non se repón", denuncian os bombeiros ao tempo que lembran que a situación dos camións é similar. "A roupa de faena, os zapatos están igual. Nas instalacións tamén hai problemas. Temos precintados os vestiarios porque o falso teito cae enriba de nós" denunciaban nos micrófonos da Cadena SER.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir