Ana Pontón: "Feijoo dicía que non pactaría con VOX porque era unha forza antigalega"
A voceira nacional do BNG atendeu a Radio Nordés na súa visita a Cee
Ana Pontón, voceira nacional do BNG, co candidato ao Congreso, Néstor Rego
Cee
O BNG abriu onte a súa xira de precampaña en Cee. O candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, e a voceira nacional Ana Pontón, compareceron na praza 8 de marzo para solicitar un voto de confianza para o BNG, co fin de situar ao nacionalistas cun grupo propio no Congreso dos Deputados. Ana Pontón atendeu a Radio Nordés Cadena SER antes do comenzo do encontro cos simpatizantes e afliiados.
- Satisfacción logo dos resultados do 28M?
Foi un resultado moi importante para o BNG. Dixemos que íamos ser a forza política que máis subira e non só foi así, senón que incrementamos o número de alcaldia, collendo o bastón de mando de cidades como Santiago de Compostela, que é un símbolo da Galiza que vén, dun BNG que avanza, que se pon ao frente das principais institucións do país e tamén é un reto porque temos máis apoio, máis responsabilidade e isto hai que xestrionalo ben para estar á altura do que nos piden os galegos e galegas.
- E que valoración fai ao nivel da Costa da Morte?
Hai un avance do BNG, recuperamos unha alcaldía emblemática como é a de Corcubión e tamén se ve un BNG que cada vez ten máis apoio social.
- O 23X toca de novo cita coas urnas. beneficia ou perxudica unha convocatoria electoral de novo?
Haberá opinións para todos os gustos, pero son eleccións nas que Galiza xógase moito. Preocúpame ver como as forzas estatais queren sacar a Galiza da ecuación, non queren falar dos problemas galegos. Nesta lexislatura demostrouse que máis é útil para Galiza ter un deputado do BNG que 22 das forzas estatais porque temos as mans libres para defender os intereses dos galegos e galegas. . Con un deputados de 250 non somos capaces de solucionar todos os problemas, pero cando foimos decisivos conseguimos a rebaixa histórica das peaxes da AP-9, a dragaxe da ría do Burgo... situamos a axenda galega na política estatal. Ante ese reto temos o desafío de ter máis forza, un grupo galego forte que permita que o noso país faga valer os seus intereses e condicione a política estatal igual que fan os bascos e os cataláns para mellorar a vida das persoas.
- Botou de menos que o BNG entrase máis veces na suma para formar maiorías?
Pedro Sánchez trabucouse facendo política única e exclusivamente coa calculadora. Imos a escenarios onde non vai a haber maiorías absolutas e precísase sumar a todos os que apostamos por formar maiorías sociais. O nacioanalismo é un factor que axuda a avanzar nos dereitos sociais. Houbo oportunidades perdidas como non derrogar íntegramente a reforma laboral do PP, co goberno de PSOE e Sumar é igual de barato despedir aos traballadores que cun goberno do PP; ou non derrogar a lei mordaza ou que non houbera valentía apra recuperar a idade de xubilación aos 65 anos. O noso desafío é poñer a Galiza no senda do Estado e acabar con tanta discriminación, algo que sabe ben a Costa da Morte coas promesas incumpridas do Prestige ou o abandono sistemático duha comarca cun enorme potencial e capacidade pero que parece que a borraron do mapa das inversións.
- Que lle suxire un posible goberno do PP de Alberto Núñez Feijoo con VOX?
Eu traballerei para que ese goberno non exista, para poder frear á dereita e á extrema dereita que significan unha alternativa de retrocesos de dereitos e liberdades. Feijoo cando era presidente da Xunta dicía que nunca pactaría con VOX porque éra unha forza antigalega, que propón a desaparición do autogoberno galego, que está en contra da nosa lingua que é algo que nos une a todos os que vivimos neste país, están en contra da nosa cultura. O BNG ten que ser dique de contención ante calquera regresión de dereitos e liberdades.
- Falar de grupo propio do BNG en Madrid é poñer o listón moi alto?
Cando se trata de defender Galiza hai que subir o listón, igual que cando se trata de defender os dereitos e as liberdades. Imos con ambición, coa confianza de que temos un traballo que nos avala, porque somos a única forza política que defendemos os intereses dos galegos e galegas sen pedir permiso a ningúen. Levamos anos vendo como entregar os votos de Galiza a forzas estatais só sirve para que as discrimenen. Votan unha cousa aqui e o contrario no Congreso e se alternan na discriminación. O factor que pode cambiar a situación é o BNG. Moita xente fala do ben que negocian os bascos e cataláns. Non é porque sexan máis listos ou teñan mellor estratexia política, é porque teñen grupos fortes nacionalistas que fan valer os seus intereses e non para pedir privilexios, senon para pedir xustiza. Pedimos un trato xusto e digno para os galegos e galegas que estamos cansados de ver como a política madrileña pensa que todo pasa por Madrid e que o resto non existimos. Para que Galiza exista está o BNG.




