O BNG preguntará á Xunta pola venta das centrais do Xallas
Os nacionalistas sospeitan dunha operación logo do verán

O BNG lembra que a produción hidroeléctrica e o mantemento da actividade en Xeal son indisolubles / XEAL

Costa da Morte
O BNG vai levar ao Parlamento galego dúas preguntas polo trámite de urxencia para que a Xunta de Galicia aclare se ten coñecemetno da posible venta das dez centrais hidroeléctricas do río Xallas. Os nacionalistas afirman ter información das intencións de Sixth Street (actual propietaria) de buscar a venta desas instalacións de produción eléctrica logo do verán.
A intención dos nacionalistas é preguntar ao goberno galego se ten intención de esixir o cumprimento das cláusulas da concesión que convirten en inseparables a explotación das centrais co mantemento da actividade e os postos de traballo nas factorías de Xeal en Cee e Dumbría.




