Un pouco de todo na carteleira de xullo en Numax
Una vida no tan simple, Indiana Jones e anime para toda a familia, entre as propostas

Un pouco de todo na carteleira de xullo en Numax
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
Repasamos da man de Xan Gómez a carteleira do mes de xullo que inclué a última película do pamplonica Félix Viscarret. "Una vida no tan simple" conta a crise dos corenta dun arquitecto e pai de familia que caeu na rutina. A semana que ven terá lugar a estrea en versión orixinal de "Indiana Jones e o dial do destino". Ademáis, nas fins de semana de xullo e agosto, Numax vai programar un ciclo de anime partindo do Studio Ghibli. Tamén haberá cine de verán na rúa Concepción Arenal e un ciclo arredor de Alfred Hitchcock e cineastas que continuaron o seu legado.




