Viaxe literaria ao `Faiado dos Libros´: tres recomendacións moi diversas
Celia Fernández, responsable do Espazo Lector Nobel na rúa Santo Domingo, tráenos distintas novedades literarias
Viaxe literaria ao `Faiado dos libros´
Ourense
Da librería Espazo Lector Nobel, na rúa Santo Domingo, ao estudio Ramón Puga. Un percorrido que fai a responsable do espazo literario, Celia Fernández, para nos traer as novidades editoriais.
Como é habitual, no Faiado dos Libros, sección que se emite cada semana en Hoy por Hoy Ourense, na nosa Radio Ourense Cadena SER, Fernández trae tres propostas para que todas as persoas que nos escoitan teñan marxe para elixir.
O primeiro libro que nos ofrece Celia é da editorial Galaxia. A novela `In articulo mortis´ do ourensán Luis Manuel García Mañá. As primeiras liñas da novela din “Pese a que non o pareza fun crego durante uns anos da miña xuventude”. As últimas son “unha entelequia de difícil solución que vén pecharse cun novo drama”, tal e como se afirma no reverso do libro. Esta é a oitava novela deste ourensán, quen foi comisario xefe de policía.
Outro ton é o que nos formula Nora Ephron con `No me gusta mi cuello´ con tradución de Catalina Martínez Muñoz. Esta escritora americana xa experimentou un éxito con `No me acuerdo de nada´.
Trátase dunha obra na que se poden atopar consellos e sentido do humor. `No me gusta mi cuello´, de Libros del Asteroide e é un clásico contemporáneo.
En termos de literatura infantil, e traducido por Hematocrítico, `Vai polo pan´ de Jean-Baptiste Drouot é o consello de Celia Fernánndez. En resumidas contas, falamos das aventuras que pode supoñer ir polo pan, sempre con moito humor.