Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Política | Actualidad

O TSXG estima as teses do PP e devólvelle a acta en Corcubión

O PP queda con dous edís en detrimento de PACOR que desaparece da corporación

A papeleta da discordia

A papeleta da discordia

Corcubión

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de dar a razón ao PP corcubionés no litixio sobre a papeleta manchada de tinta que provocou a desputa entre populares e PACOR por un concelleiro. O TSXG considera que a papeleta, pese a estar manchada de tinta, debe imputarse ao PP e lle devolve a segunda acta aos conservadores, quedando fóra da corporación o PACOR. Cabe agora recurso de amparo no Tribunal Constitucional, único posible inda que moi custoso e con escasas posibilidades de éxito.

O TSXG considera que debe prevalecer a vontade do elector e, nesta papeleta, non cabe pensar que o votante quere amosar rechazo á lista popular. "Para determinar se esa irregularidade ten ou non efectos invalidantes haberá que atender a se o sinal introducido permite albergar dúbidas sobre cal é a efectiva vontade do elector" recalca o alto tribunal. Por iso considera que no caso de Corcubión "non entrana rechazo ao reproche aos candidatos (...) porque a lista completa permanece incólume e sen sinal de exclusión".

A pugna entrambas formacións provocou o aprazamento da sesión constitutiva o pasado 17 de xuño. Será este venres cando teña lugar a investidura unha vez resolto un asunto que provocou que a titularidade dese asento cambiase de mans en varias ocasións. No primeiro reconto decidiuse contablizar o voto para o PP por acordo dos membros da mesa. PACOR, descontento con esa medida, elevou unha reclamación a unha Xunta Electoral que lle dou a razón, anulou o voto aos populares e provocou a volta de José Ramón Rojo á escea política. O PP decidiu presentar un contencioso electoral ante o TSXG que estima a postura dos conservadores e computa o voto ao seu favor, recuperando así o segundo concelleiro e deixa fóra ao PACOR.

Este venres constituirase a nova corporación corcubionesa con 4 edís do BNG, 2 do PSOE, 2 do PP e 1 de Sempre Corcubión. Luis Abelleira Ronquete tomará posesión da súa acta e José Ramón Rojo perderá o seu único asento na cámara local.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00