José Ramón Rojo: "Vou ir a un programa en TVE para explicar a xurisprudencia do caso"
Estudia presentar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional

A nova corporación de Corcubión constituirase este venres / Concello de Corcubión

Corcubión
José Ramón Rojo pasou polos micrófonos de Radio Nordés para amosar a súa decepción logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia outorgase a razón ao PP na polémica sobre o voto pintado que tivo un edil en disputa entre a formación de Rojo, PACOR, e o PP. Rojo confesou ter "bastante disgusto porque non contábamos con esto. Tiñamos a resolución da Xunta Electoral Central e a sorpresa é que agora o TSXG dá a razón ao PP".
A formación de Rojo valora presentar agora un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. "Eu penso que isto é unha inxustiza e estou estudando presentar recurso de amparo no Tribunal Constitucional. A ver se é que agora se lle pode pintar ao voto un barquiño, un avión... Se tes vontade de votar ao PP non pintan o voto. Está alterado e debe ser nulo" manifestou. PACOR dispón de tres días para presentar ese recurso.
Non é a única medida que valora Rojo. O voceiro de PACOR confesu que está "pedindo cita para ir a un programa de TVE para explicar a toda España cal é a xurisprudencia que hai que tomar". A curiosa interpretación de José Ramón Rojo sobre a orde de prelación dos distintos órganos electorais levoulle a afirmar que "non pode vir a xustiza de Coruña a dicir que o que fai a a Xunta de Madrid non val".




