Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Última hora La jueza de la DANA cita a Feijóo como testigo

A loita polo control de Celsa Atlantic intranquiliza ao plantel de traballadores

Os 139 traballadores de A Laracha temen polo seu futuro

Un camión con alambrón sle da factoría de Celsa Atlantic, en A Laracha / Víctor Echave (La Opinión A Coruña)

Un camión con alambrón sle da factoría de Celsa Atlantic, en A Laracha

A Laracha

O futuro de 139 traballadores de A Laracha pode estar decidíndose a estas horas en Barcelona, en concreto no xulgado do Mercantil número 2 dea Cidade Condal. Alí fondos de inversión e a familia Rubiralta pelexan por levar o timón da empresa. Segundo algúns conselleiros da empresa, a intención dos fondos é vender activos, o que comprometería a viabilidade do proxecto.

Sendo parte pasiva desta loita, pero conscientes do que pode supoñer para eles, os 139 traballadores de Celsa Atlantic na Laracha agardan o que suceda no xuizo en Barcelona. Fanno con intranquilidade ante a falta de noticias sobre as intencións reais deses fondos de inversión dos que nada saben. Diego Doldán, delegado de CC.OO no Comité de Empresa fala dunha "situación de incertidume completa. Estamos á expensas do que saia deste xuizo. A empresa tentou chegar a un acordo cos fondos sen ir a xuizo, non houbo entendemento e sabemos que o próximo propietario da empresa será ou familia Roviralta ou os fondos de inversión. De Roviralta sabemos as intencións, se gañan os fondos non sabemos que será de nós" confesa.

Dende o Comité demandan unha maior implicación das administracións, en especial da Xunta de Galicia, porque noutras factorías afectadas na península i que están a contar co seu goberno autonómico. E é que o problema non é só da factoría de A Laracha, xa que segundo Diego Doldán, na mesma situación están os 10.000 postos de traballo directos da empresa. O plantel non quere tomar partido por ninguén nesta liorta por ter o control da empresa. Só queren coñecer as intencións dunha das partes que ata agora non amosou o seu plan para Celsa Atlantic. "Queremos viabilidadede a futuro, con quen sexa" sentencia Doldán.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir