Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Bombeiros e técnicos do 061 maniféstanse xuntos en Cee

Ambos colectivos do sector das emerxencias reclaman melloras laborais

Fran Hermida

Cee

Técnicos de ambulancias e bombeiros exteriorizaron o seu malestar ante as deficientes condicións de traballo nas que desenrtola a súa actividade que, lembraron unha vez máis, é esencial. Fronte ao Hospital Comarcal concentránronse xuntos e despregaron unha faixa na que podía lerse "Ambulancias en folga, convenio xa!", mentres que os bombeiros queimaron un ataúde de cartón coa inscripción "Bombeiros condicións dignas, xa!".

Tania López, delegada da base do 061 en Cee, explicaba os motivos da súa protesta esta mañán no "Vivindo a Costa da Morte". A representante sindical lembraba que non é novo o intento de "negociar un novo convenio. Está paralizado dende hai meses. A patroal pon impedimentos e non damos avanzado. Queremos unha suba do IPC máis un punto. Eles ofrecen o 19% en 5 anos, que se aceptamos quedaríamos por debaixo do convenio anterior". Pero o dos salarios non é o único problema polo que se manifestan, xa que tamén arrastran problemas para acordar unha reducción de xornada.

Dentro do conflicto laboral no que están inmersos, hai un factor que afecta directamente á poboación como é o número de vehículos dispoñible e a situación dos mesmos. "Dende hai 8 anos temos as mesmas ambulancias. As non urxentes disminuiron respecto a hai tres anos, na época COVID tivemos menos recursos. Aquí non hai unha ambulancia medicalizada cerca do centro de Cee. As máis cercanas están en A Coruña e Santiago. Ante emerxencias acábase utilizando o helicóptero" denunciaba Tania López tratando de concienciar á poboación de que as carencias poden afectar directamente á veciñanza en calquer momento. Unha situación similar á denunciada polo colectivo de bombeiros que días atrás amosaba as carencias tanto nas instalacións do parque de Cee como dun material que "hai anos nin se repón, nin se mellora". A denuncia dos bombeiros exténdese tamén a algúns gobernos locais da zona onde prestan o servizo dende o parque ceense. "Chamamos a todos os concellos nos que traballamos e tan só dous atenderon: Cee e Corcubión" explicaba o voceiro dos bombeiros, Arturo Pasantes.

Tania López ademais amosou o seu malestar co goberno autonómico ante a falta de atención que exteriorizan. "A Xunta desprézanos. Estamos na primeira liña de atención. Na pandemia tivemos que solicitar nos xulgados que nos vacinaran como ao resto de sanitarios" lembrou a delegada sindical a modo de exemplo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir