O Mercado Medieval de Corcubión cobra vida
Os veciños ateigaron a capela do Pilar ofrecéndose para sacar adiante esta edición

O comité organizador do Mercado Medieval´23 diríxese ao público que enche a capela do Pilar

Corcubión
Cantas veces tense escoitado a frase "o que sucede, convén". Se en Corcubión buscaban volver a estimular a participación da veciñanza nun evento como o Mercado Medieval, o vivido nas últimas semanas foi o acicate perfecto. A primeira xuntanza organizada para deseñar a edición de 2023 foi un éxito rotundo de asistencia. Deceas de veciños encheron a capela do Pilar dispostos a escoitar cal e a breve folla de ruta para montar una eveto así en tres semanas.
A ledicia ante a masiva afluencia o exteriorizaba esta mañán Alejandro Lamas, voceiro do grupo organziador, na sintonía de Radio Nordés. "Sentímonos moi arroupados pola cidadanía". O traballo contra o tempo ten un aliado: as vinte edicións que xa se levan desfrutado sirven para ter certos automatismos ao que recurrir para evitar un salto ao baleiro. Ademais a edición deste ano retrasarase unha semana por mor da celebracion das eleccións xerais, polo que Corcubión viaxará ao medievo do 28 ao 30 de xullo.
A veciñanza que desexa colaborar ten varias posibilidades de facelo. "A primeira é adornar as casas e desfrutar da festa. Que participen activamente" recomendaba Alejandro Lamas. Pero non haberá festa sen un orzamento para pagala polo que "habilitamos unha figura de colaborador para facer aportacións económicas e tamén temos un listado para que se apunte a xente ofrecendo que pode facer (cosaer, decorar, etc)" explicaba Lamas.
A edición de 2023 ten a intención de ser continuista respecto ás anteriores: co Desembarco o venres e a correspondente apertura do propio Mercado Medieval que seguirá aberto o sábado e o domingo. O que non terá esa continuidade é o traballo deste grupo creado expresamente para salvar a situación límite. De principio dan o paso ao frente para garantir a celebración deste ano... e a partir do luns 31 deberán ser outros os que collan o timón dunha festa con máis de dúas décadas de historia e que foi unha realidade grazas ao traballo de tres equipos diferentes.




