Guerra aberta entre os oleiros e Alfredo Cañizo
Os artesáns néganse a organizar a Mostra mentres Cañizo sexa o concelleiro responsable

Se a pasada lexislatura foi convulsa en Malpica, a actual comenza con mar de fondo / EUROPA PRESS (EUROPA PRESS)

Malpica
A Asociación Oleira de Buño vén de emitir un comunicado no que anuncian que non haberá Mostra de Olería de Buño mentres Alfredo Cañizo, siga sendo o concelleiro responsable da mesma. Os artesáns denuncian as grandes discrepancias que manteñen co político ao considerar que a Mostra debe ser un evento que amose "o noso traballo, a nosa tradición e o noso pobo". Por todo iso néganse a que ninguén "xogue co noso medio de vida e nos intente manipular mentre tira abaixo a imaxe dun dos últimos pobos alfareiros de España".
A situación creada empurra aos artesáns a non estar dispostos a organizar a tradicional Mostra de Olería de Buño "nin este ano, nin ningún outro ata que o señor Alfredo Cañizo se dé conta do dano que está a facera nosa artesanía e, por conseguinte, ao pobo de Buño". Para os oleiros a solución debe pasar porque Cañizo "decida en beneficio dun pobo e da súa tradición, desistir do seu empeño en organizar un evento onde nin o queren, nin é ben recibido".




