Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Néstor Rego: "O voto ó BNG ten dobre valor"

O cabeza de lista do Bloque pola provincia de A Coruña entende "factible" acadar grupo parlamentario o 23J

Nestor Rego: "O voto ó BNG ten dobre valor"

Nestor Rego: "O voto ó BNG ten dobre valor"

00:00:0007:52
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Santiago de Compostela

Néstor Rego apela ó traballo feito polo BNG para aspirar a acadar cinco deputados cando agora, él mesmo, ocupa o único escaño nacionalista galego no Congreso dos Deputados. "Cumprimos os nosos compromisos, demostramos que somos unha forza que se preocupa con coherencia por defender os intereses de Galicia e da súa xente no congreso", explica na entrevista na Cadena Ser. Sabe que non vai ser doado pola dinámica polarizada desa cita electoral, "sen dúbida é unha dificultade pero ímola vencer". Para apuntalar ese desexo expón os últimos resultados das eleccións do 28M. Facendo unha extrapolación dos resultados ás xerais, "pensamos que a xente que confiou no BNG hai só un mes, vai confiar no Bloque nos próximos quince días".

En opinión do candidato nacionalista, "o voto ó BNG ten dobre valor", por un lado vale para defender Galicia e darlle políticas sociais avanzadas e transformadoras e, por outro, para parar á dereita. Os deputados galegos no Congreso dos Deputados demostramos que "de ningunha forma permitiremos que Feijoo do ganchete da ultradereita acceda ó goberno". Nese punto asegura que non o farán gratis, "non daremos un cheque en branco a ninguén". Néstor Rego deféndese das acusacións de Alfonso Rueda para quen Galicia non sacou nada da presencia do BNG na cámara baixa. "Quen circule pola AP9 como usuario recorrente vaille custar a peaxe exactamente a metade do que lle costaba en 2019, foi grazas ó acordo de investidura", lembra.

Rego coida e agarda que os pactos con VOX pasen factura ó PP de Alberto Núñez Feijoo porque a extrema dereita "nega dereitos feministas, dereitos ó colectivo LGTBI e quere retroceder en dereitos democráticos". Tamén considera que esa alianza dos populares con Vox é unha evidencia de que o PP cada vez está máis situado na dereita ultra.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir