A Vivir GaliciaA Vivir Galicia
Sociedad | Actualidad

"Non sodes unha familia normal"

A resposta do secretario do xulgado de paz de O Rosal a unha parella de mulleres a quen lle negou a incripción do fillo por non estar casadas.

Parella de mamás movendo os marcos

Parella de mamás movendo os marcos

10:21

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1688902863372/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

O que tiña que ser un dos momentos máis felices para unha parella, a do nacemento dun fillo, convertiuse nun despropósito burocrático pola teima do secretario do Xulgado de Paz de O Rosal que se negou a inscribir ó neno ao non estar casadas as súas nais.

A Lei Trans modificou a denominación nai-pai por proxenitor xestante e no xestante, o que permite as parellas casados ou non o rexistro de nacementos dos fillos. Estas dúas nais tiveron que acudir ao Rexistro Civil de Vigo para poder solucionar o que se lles negaba no Xulgado de Paz do Rosal. Amablas dúas agradecen a Asociación Nós Mesmas e a alcaldesa do Rosal o apoio e asesoramento nunha situación tan insólita e inxusta.

Lonxe de recoñecer o erro, o secretario do xulgado, non dubidou en acusar ao Rexistro Civil de Vigo de descoñecemento da legalidade.

Esta familia contempla con preocupación a deriva política en España cos anuncios de VOX de recorte nos dereitos das mulleres, migrantes e comunidade LGTBI+ coa complicidade do Partido Popular naquelas institución en que gobernan ou facilitan a gobernabilidade, algo que tamén estamos vendo en outros países da Unión Europea, concretamente Italia. Non dubidan en cualifar como situación de "medo" polo que poda acontecer o 23X.

Lo más

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00