Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O BNG de Muxía denuncia a filtración de datos por parte do Concello

Trátase de datos como rendas anuais ou a situación de "vítima de violencia de xénero"

Rapazada desfrutando dun campamento de verán

Rapazada desfrutando dun campamento de verán

Muxía

O BNG de Muxía denunciou a filtración dunha serie de datos protexidos por parte do Concello. En concreto trátase da puntuación utilizada no baremo para escoller aos admitidos do "Campamento Emociónate", unha actividade de conciliación. Ao haber máis solicitantes que prazas, as condicións socioeconómicas e familiares contarían no baremo para determinar a quenes corresponderían as prazas. Segundo os nacionalistas, no Facebook do concello publicouse a listaxe de admitidos cunha táboa na que figuraba a puntuación obtida por cada un deles. Así, denuncian que quedaron ao descuberto situacións de violencia de xénero ou o nivel de renda anual.

Para os nacionalistas, o sucedido supón unha vulneración da Lei Orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Por iso solicitan ás persoas encargadas da xestión das redes sociais do Concello que sexan respectuosas coa lei e coa veciñanza, instando á retirada inmediata desa información.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir