Vimianzo terá dez concellarías nesta lexislatura
Haberá dúas dedicacións exclusivas e unha parcial

Organigrama do goberno de Vimianzo

Vimianzo
Vimianzo celebrou esta mañán o pleno de organización que, debido á maioría do equipo de goberno, non deparou sorpresas. Nesta lexislatura Vimianzo terá nove concellarías, ademais da alcaldía, e haberá tres edís que recibirán unha remuneración polo seu traballo.
Mónica Rodríguez será, ademais da alcaldesa, a responsable en materia de Persoal e tamén no departamento de Facenda. Víctor Muíño ocupará a primeira tenencia de alcaldía e María José Pose a segunda. O concelleiro encargarase das áreas de Medio Rural, Medio Ambiente, Augas e Parque Empresarial. Pose detentará Benestar Social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá. O resto do goberno o completan Miguel Ángel Pérez (Obras, Urbanismo, Ilñuminación e Parque Móbil), Rosa Blanco (Cultura, Patrimonio e Biblioteca), Mario Andújar (Ensino, Formación, Emprego, Edificios Municipais e Policía Local), Sergio Miñones (Deportes, Mocidade e Festexos), MAnuel Pose (Ornato Municipal, Protección Civil e Hostalería), Beatriz Pazos (promoción Económica, Turismo, Comercio e Asociacionismo) e Josefa Campos (Terceira Idade, Familia, Mercados e Consumo).
A alcaldesa e a edil María José Pose terán asignadas sendas dedicacións exclusivas, quedando Miguel Ángel Pérez (concelleiro de Obras e Urbanismo) cunha parcial, ao 75%. Os plenos en Vimianzo serán o último mércores de cada mes impar ás 9 da mañán. BNG e PP votaron en contra da periodicidade das sesión plenarias e, no tocante ás dedicacións, o BNG votou en contra absténdose o PP.




