Política

Susto na praia de Razo, en Carballo

Dúas persoas foron evacuadas e a lo menos outras catro foron sacadas da auga

O helicóptero do 112 traslada a Santiago a un dos afogados

Carballo

A tarde case remata en traxedia no areal carballés de Razo. Düas persoas tiveron que ser evacuadas logo de sufrir síntomas de afogamento. Unhas delas foi trasladada en ambulancia e a outra precisou da asistencia do helicóptero do 112 para ser enviada a un centro sanitario. Ademáis, segundo testemuñas oculares, unhas catro persoas mais tiveron que ser asistidas para poder sair da auga.

Pasaban das seis da tarde cando os socorristas da praia de Razo tiveron que actuar ao detectar a dúas persoas que atravesaban problemas na auga. Unha das persoas atendidas sufriu un mareo ao chegar a terra, precisando atención médica debido á gran catidade de auga inxerida. A vítima que presentaba un peor estado de sáude foi un varón que acabou sendo evacuado en helicóptero ao CHUS santiagués.