Contra o esquecemento e para non tropezar na mesma "pedra"
A Coruña será a primera localidade galega en colocar as stolpersteine en lembranza das vítimas coruñesas nos campos de concentración nazis.
"Adoquines" contra o esquecemento
06:57
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1689429050531/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
O artista alemán Gunter Demnig comezou hai 30 a instalar as stolpersteines diante das casas da vítimas do nazismo. Colonia foi a cidade escollida, hoxe están en 25 países e suman unhas 75.000. O vindeiro día 18 de xullo estará na Coruña para instalación das 6 primeiras "pedras" diante das casa onde viviron estes coruñeses que remataron nos campos de exterminio do III Reich. Hai constancia de que cando menos 17 veciños da cidade herculina acabaron nos campos de concentración ademáis doutros 4 nados nesta localidade, pero que a deixaron antes de ser deportados.
Entrevistamos a Carmen García-Rodeja, voceira da Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), responsables desta iniciativa. Carmen convida a cidadanía a acompañalos o mércores 18 de xullo en que sairán de María Pita para ir colocando as 6 primeiras placas nas casas onde viviron estas vítimas dan man do artista alemán Gunter Demnig. O percorrido pasará pola Porta de Aires, Rúa Santiago, Varela Silvari, Campo da Artillería e Rúa San Andrés.
Ante as manifestacións das forzas políticas de dereitas de que se gañan derrogarán a Lei de Memoria Democrática, Carmen García-Rodeja, subliña que veñen traballando dende sempre con pouca colaboración institucional e engade "Estamos moi preocupados e lamentamos que se queira ocultar os crímenes, que houbo tantos, tan seguidos, tan doentes e que permanecen tanto no tempo como na dor das persoas, que houbo durante todo o tempo na retagarda e despois durante o tempo da ditadura".