A Vivir Galicia
Economía y negocios | Actualidad

Xosé Manuel Merelles "Galicia está de moda"

As cifras do primeiro semestre do ano son mellores que as do mesmo período de 2022, que foi o mellor da historia.

Xosé Manuel Merelles "Galicia está de moda"

Santiago de Compostela

Entrevistamos a Xosé Manuel Merelles Remy que dende hai 15 días é director da Axencia Turismo de Galicia en sustitución de Nava Castro, novamente alcaldesa de Ponteareas. O novo director de turismo de Galicia leva case que tres décadas formando parte do equipo da Xunta de Galicia responsable deste sector.

O pasado ano, 2022, as cifras de turismo forón as máis importantes da historia con 6.5 millóns de visitantes e 440.000 peregrinos oficiais ao recibir a “Compostela”, pero os datos dos primeiros meses de 2023 apuntan a superar o acontecido o pasado ano. Segundo Xosé Manuel Merelles ate o 31 de maio xa visitaron Galicia 1.5 millóns de turistas, un 15% máis que en 2022, e 206.000 peregrinos, un 17% máis que hai un ano, “como di o presidente da Xunta, Galicia está de moda”.

O director de Turismo non cre que haxa masificación salvo momentos ou lugares moi puntuais. A Xunta non ve utilidade na taxa turística que pretende cobrar o Concello de Santiago, pero agardan a recibir a proposta do goberno municipal para poder manifestarse con máis precisión.

En canto a ocupación turística durante o vran, parecen confirmarse as proxeccións feitas polo Clúster do Turismo que estimaba que rondaría entre o 60 e o 85%.