Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O TSXG condena ao SERGAS a indemnizar con 60.000€ a unha familia de Cee pola morte dunha nena de 3 anos

O alto tribunal galego conclúe que houbo un retraso no diagnóstico que podería ter evitado o falecemento

Costa da Morte

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a sentenza do Xulgado do Contencioso administrativo nº 1 de Santiago que condenou ao SERGAS a indemnizar con 60.000 euros aos pais dunha nena de 3 anos que faleceu en 2016 na UCI pediátrica do CHUAC debido ás complicacións dunha gastroenterite provocada pola bacteria E. Coli

A Sección 1ª da Sala do Contencioso-administrativo rexeitou o recurso presentado pola aseguradora do Servizo Galego de Saúde ao considerar acreditada "a ausencia de probas complementarias no momento adecuado, así como de control da diureses por quen debía levalo a cabo (o persoal sanitario), co cal se perdeu a oportunidade de determinar o alcance e características da patoloxía que afectaba á menor, o seu adecuado tratamento e posibilidades futuras".

O TSXG conclúe que "houbo un retraso no diagnóstico que quizais podería ter evitado o falecemento porque, tal como se especifica no informe dos doutores, non se sospeitou dunha gastroenterite bacteriana (non vírica) o día 8 de setembro, a pesar de que xa se presentaba o cadro de diarrea sanguinolenta".

Os maxistrados destacan que, ao día seguinte, cando xa se dispoñía do resultado das analíticas e da ecografía, "non se controlou a diureses e non se repetiron as probas o día 10 de setembro, a pesar da mala evolución da nena".

Esa "demora no diagnóstico" impediu, segundo o TSXG, que a nena "puidese ser tratada con anterioridade nunha unidade de coidados intensivos pediátricos (UCIP), de modo que xa era tarde cando foi trasladada á UCIP do CHUAC".

A Sala explica que na sentenza apelada "apréciase a existencia dunha perda de oportunidade porque se entende que deberon extremarse as precaucións e valorar a necesidade de probas complementarias como analíticas de sangue e/ou ouriños". Os xuíces recalcan que, ao non facelo, "perdeuse a oportunidade de determinar o alcance das características da enfermidade, o seu adecuado tratamento e posibilidades futuras".

"En contra do que se argumenta no recurso de apelación, o exame da historia clínica e a proba pericial practicada corrobora que non se fixo o debido control da diureses da paciente, a pesar de que existían notorios datos que revelaban a ausencia de micción da menor, como indicio de fallo renal, pero ao propio tempo demostrouse que non foi esa a única proba que se botou en falta para poder detectar o SHU e a orixe bacteriano, e non vírico, da patoloxía que determinou o falecemento", destaca o TSXG.

No fallo, explica que o día 9 de setembro a paciente "levaba tres días con deposicións líquidas con sangue e moco acompañadas de dor abdominal tipo cólico", que foron "interpretadas erroneamente como deshidratación secundaria a gastroenterite".

"En definitiva, a ausencia da precaución debida iníciase o día 8 de setembro cando no servizo de urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira a paciente é remitida ao seu domicilio co diagnóstico de gastroenterite vírica sen ningún tipo de proba complementaria", sinalan os maxistrados, quen destacan que, a pesar de que o día 9 de setembro prodúcese "un notable empeoramento", insístese en que a paciente "sexa controlada polo servizo de urxencias e tampouco se practica proba algunha destinada a corroborar ou desacreditar o primeiro diagnóstico de gastroenterite vírica".

Ademais, sinalan que "tampouco se solicita control de diureses desde o seu ingreso no servizo de pediatría e, a pesar de que continúa a evolución negativa o día 10 de setembro, non se repite o estudo analítico e, finalmente, non se ordena o traslado á UCIP do CHUAC ata que os signos clínicos o día 11 son de extrema gravidade".

"Con todas as omisións que foron destacadas, coas que se revelou o erro de diagnóstico, ponse de manifesto a perda de oportunidade correctamente apreciada na sentenza apelada, xa que con iso perdeuse a ocasión de tratar debidamente a infección bacteriana que a menor padecía", incide o TSXG, á vez que explica que "a antixuridicidade do dano non se funda en que a vulneración da 'lex artis' fose a causa do falecemento, senón na perda de expectativas que podería dar lugar a que as cousas ocorresen doutra forma se se practicasen as probas complementarias antes enunciadas (analíticas de sangue e/ou ouriños) no momento oportuno e sen demora e, xunto a iso, levouse a cabo un adecuado control da diureses da nena".

A sentenza non é firme, xa que contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir