Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Ocio y cultura

A compañía viguesa Troula busca conquistar o prestixioso festival de Budapest

Trátase do "Sziget Festival", o festival multicultural máis importante de Europa

Troula representará espectáculo "O estrano caso do dentista da Rúa Brasov". / Culturactiva

Troula representará espectáculo "O estrano caso do dentista da Rúa Brasov".

Vigo

A compañía viguesa de espectáculos de rúa, Troula, está presente no prestixioso "Sziget Festival" de Budapest, Hungría. Este festival é un dos eventos multiculturais máis importantes de Europa, con máis de 30 edicións e unha programación que inclúe máis de 1000 espectáculos de todo o mundo.

Entre os días 10 e 16 de agosto, Troula fará seis representacións do espectáculo "O estrano caso do dentista da Rúa Brasov" compartindo cartaz con artistas internacionais como Billie Eilish, David Guetta ou Imagine Dragons. Unha experiencia única e un paso significativo na traxectoria artística da compañía.

"O estrano caso do dentista da Rúa Brasov" inspírase na música balcánica, a estética de 1900 e o universo de Tim Burton para narrar a intrigante historia do doutor Krakmhu Elah.

Este dentista do Leste de Europa percorre vilas e cidades no seu carro de consulta ambulante en busca de clientes. Pero o que ninguén sabe é o seu estrano pasado e a súa estrana obsesión que pouco a pouco vai descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia, clown e, sobre todo, a interacción co público.

O Sziget Festival dá a benvida a centos de miles de Szitizens cada verán e ten como obxectivo traer aos nomes máis importantes da cultura mundial para reunilos en 60 escenarios durante 6 días consecutivos. Un festival que ofrece concertos, programas de arte, actuacións, charlas e moito máis. Nesta edición, Troula compartirá cartaz con artistas como Billie Eilish, David Guetta ou Imagine Dragons

Troula naceu no 2002 como un pequeno circo itinerante. Dende entón foron crecendo ata convertirse nun dos referentes galegos de espectáculos itinerantes, con funcións para nenos e adultos, en auditorios ou en rúas, con escenario ou sen el. Entre outras cousas son os artífices do primeiro festival de espectáculos de rúa itinerantes que transforma Pontevedra durante tres días nunha cidade imaxinaria coas propostas de rúa máis imprevisibles, Itineranta.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00