Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Goberno emite unha declaración de recoñecemento e reparación persoas de Plácido Castro

O Ministro de Memoria Democrática declara “ilexítima e nula” a condena ao corcubionés en 1940

Costa da Morte

Félix Bolaños, Ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, ven de ditar unha resolución pola que se declara “ilegal e ilexítimo” o tribunal que xulgou a Plácido Castro , declarando igualmente “ilexítima e nula” a condena que lle fora imposta en 1940 polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas. Castro fora sentenciado a 15 anos de inhabilitación absoluta, 8 anos e un día de desterro a máis de 100 km de Muxía e 25.000 pesetas de multa.

Queda así expedida a favor de Plácido Castro a Declaración de Recoñecemento e de Reparación Persoal, ao abeiro da lei de Memoria Democrática.

O citado proceso fora instado pola Fundación Plácido Castro meses atrás co propósito de obter a reparación moral e a recuperación da dignificación da súa memoria persoal e familiar. A familia do intelectual galeguista, comezando pola propia presidenta da Fundación Plácido Castro, Susi Castro, celebrou con emoción a noticia que “por fin, fai xustiza” a quen fora condenado no seu día por motivos exclusivamente políticos.

O director da Fundación, Xulio Ríos, salientou que esta declaración foi posible “con este goberno en España”, salientando tamén a importancia de poñer fin ás consecuencias da ditadura fascista tamén a través de mecanismos simbólicos e reparadores como este que son expresión dun proceso necesario de normalización democrática.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir