Ocio y cultura

O mercado medieval de Corcubión cobra vida

A organización amósase abrumada pola implicación dos veciños. O Mercado abrirá o venres pola mañán con novidades respecto a outras edicións

Corcubión

Está mañán foi presentada a XXI edición do Merrcado Medieval que se celebrará entre o venres e o domingo. O alcalde Francisco Xabier Domínguez, Drok, destacou a

"programación, deseñada para todos e todas coa base dun feito real sucedido no século XV, o desembarco das tropas e a resistencia de Gómez de Rioboo". O rexedor quixo tamén mostrar o "agradecemento á asociación organizadora "por coller a festa nestas condicións" e a "traballadores e voluntarios pola sua entega". Adiantou como novidades que o Desembarco terá luegar na praia urbana, ao carón da praza de Castelao, e en horario diurno polas mareas. Unha representación na que levará o peso a agrupación teatral Farándula Velutina.

Alejandro Lamas, voceiro da organización, amosou o agradecemento á poboación pola súa entega á hora de colaborar. "Estamos abrumados" confesaba ao tempo que daba as grazas a hostalería, comercios, Concello pi asociacións como a Universidade Popular, Farándula Velutina, Asociación de Amigos do Porco Celta ("cunha aportación de 5000 euros"), o coro Airiños de Quenxe, a asociación "Porto sí, mortos non" e a todos e todas as particulares que están a traballar dende o anonimato. Algunhas das colaboracións están a chegar dende fóra de Corcubión, o que amosa que este é un proxecto comarcal, que trasciende a propia vila.

Ao respecto do programa, Alejandro Lamas destacou o dinamismo que terá este Mercado, con espectáculos e animación cada 15 minutos. Unha das novidades é a apertura do Mercado o venres pola mañán, sen agardar á celebración do Desembarco. Voltará o espectáculo da cetreria e un apartado de xogo para os màis pequenos. Nos xardíns na casa do Concello vaise instalar un campamento militar. O venres ás 23h terá lugar un concerto con Gaeloc. Na xornada do sábado tamén haberá espectáculo nocturno, cun repaso musical á música de raiz e co concerto de Alborada. O domingo terá lugar un espectáculo de Hípica Celta, pechando o Mercado co arriado do pendón.

Marina Gómez, responsable da representación teatral, explicou os cambios que vai a experimentar a representación respecto a outros anos. "Terá un carácter máis teatral, comenzando coas Xaviñanas (grupo da Universidade Popular). Farándula Velutina encargarase da representación e tamén terán presenza as actrices do grupo teatral de  Corcubión".

A concelleira de Cultura, María Bella, anunciou a visita dunha representación de Ashbourne, vila irlandesa irmanada con Corcubión. A recepción desta volta será de carácter aberto ao público.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00