Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Mónica Rodríguez substitúe a Pequeño como responsable de Vías e Obras da Deputación

Xosé Regueira mantén a vicepresidente e levará as áreas de Turismo e Artesnía e Comercio

Radio nordés

Costa da Morte

Xa se coñece a organización do goberno da Deputación da Coruña. No pleno aprobouse por unanimidade a proposta organizativa que volverá contar co carballés Xosé Regueira como vicepresidente e responsable da área de turismo , artesanía, comercio e cadea agroalimentaria. O concelleiro de Carballo reforza a súa posición como líder do BNG na entidade provincial.

Pola súa banda Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, estrease na Deputación cunha das carteiras máis importantes como é a de Vías e Obras. Área que nos últimos anos correspondeu ao exalcalde de Dumbría, o socialista José Manuel Pequeño.

O goberno provincial, conformado polo PSOE e o BNG seguirá presidido polo socialista Valentín González Formoso, tras pacto de goberno asinado por ambas formacións políticas.

O pleno aprobou a creación de dez comisións informativas, unha máis que no anterior mandato, que estarán presididas polos seguintes deputados/as:

· Deputado de Facenda, Recursos Humanos e Avance Dixital. José Ramón Rioboo Castro (PSOE)

· Deputada de Política Social, Educación e Mocidade: María del Mar García Vidal (PSOE). Delegación especial en materia de Educación e Mocidade: Eudoxia María Neira Fernández (PSOE)

· Deputada Sectores Produtivos: Mar e Medio Rural: Cristina Capelán Cancelo (PSOE)

· Deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios. Cristina García Rey (BNG)

· Deputado de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria: Xosé Regueira Varela (BNG)

· Deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais: Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE)

· Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: Natividad de Jesús González Rodríguez (BNG). Delegación especial en materia de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: María Soledad Agra Tuñas (BNG)

· Deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento. Xosé Penas Corral (BNG)

· Deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica: Rosa Ana García López (PSOE)

· Deputado de Deportes. Antonio Leira Piñeiro (PSOE)

As delegacións xenéricas que se outorgan comprenden, no ámbito das áreas asignadas,a dirección, inspección e impulso de obras e servizos, así como a execución das disposición de carácter xeral e dos actos e acordos dos órganos de goberno, coidando da súa publicación e podendo recabar para tales tarefas os asesoramentos técnicos necesarios. Atribúese aos deputados delegados a facultade de asinar os protocolos e convenios relativos ás materias delegadas.

As comisións reuniranse unha vez ao mes e estarán integradas por doce deputados/as, dos cales cinco pertencerán ao Grupo Popular, catro ao Grupo Provincial Socialista, dous ao Grupo do BNG e un de Alternativa dos Veciños.

Portavoces dos grupos políticos

Os e as portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que seguirá celebrándose con periodicidade mensual o último venres de cada mes serán: Evaristo Ben Otero (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), Avia Veira González (BNG) e Ángel García Seoane (AV)

Xunta de Goberno e pleno

A Xunta de Goberno reunirase o primeiro e o terceiro venres de cada mes e as sesións plenarias ordinarias celebraranse con periodicidade mensual, o último venres de cada mes ás 12 horas.

Réxime de retribucións e indemnizacións

O presidente pasa dunhas retribucións anuais brutas de 77.394 euros a 80.000 €, mentres que as do vicepresidente pasan de 68.171 euros a 72.369,75 euros anuais. Os deputados con dedicacións exclusivas terán unhas retribucións de 69.441,14 euros brutos ao ano.

O pleno aprobou un total de 17 dedicacións exclusivas, as mesmas que no anterior mandato (incluíndo as do presidente e o vicepresidente) por un importe bruto total de 1.193.986,85 euros anuais.

As indemnizacións por asistencia a pleno seguirán sendo de 591 euros, mentres que as das comisións informativas e Xunta de Goberno serán de 370 euros, igual que no anterior mandato. Cando coincida no mesmo día máis dunha sesión dos órganos colexiados terán dereito a percibir unha soa asistencia.

O pleno aprobou tamén un total de 27 postos de persoal eventual.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir