Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

CORCUBIÓN XA VIVE O SEU MERCADO MEDIEVAL

Haberá espectáculos de animación cada 15 minutos de cetrería, hípica, música ou teatro

Costa da Morte

Tivo que traballar contrareloxo a nova organización do Mercado corcubionés para poder celebar un dos eventos máis importantes de cada verán na Costa da Morte. A abrumadora implicación dos veciós fixo posible que todo saíse adiante e que dende a mañá do venres e ata o domingo a Vila de San Marcos retroceda ao medievo enchendo de actividades as rúas.

Na mesma tarde do venres terá lugar desembarco das tropas do Arcebispo Rodrigo de Luna, un feito real sucedido no século XV, e a resistencia de Gómez de Rioboo, que terá luegar na praia urbana, ao carón da praza de Castelao ás 20.30h. horario condicionado polas mareas. Unha representación na que levará o peso a agrupación teatral Farándula Velutina na que participarán moitos outros veciños da localidade que nos últimos días ensaiaron intensamente para lograr un espectáculo de calidade.

Alejandro Lamas, voceiro da organización, amosou o agradecemento á poboación pola súa entega á hora de colaborar. "Estamos abrumados" confesaba na presentación do mercado, ao tempo que daba as grazas a hostalería, comercios, Concello pi asociacións como a Universidade Popular, Farándula Velutina, Asociación de Amigos do Porco Celta ("cunha aportación de 5000 euros"), o coro Airiños de Quenxe, a asociación "Porto sí, mortos non" e a todos e todas as particulares que están a traballar dende o anonimato. Algunhas das colaboracións están a chegar dende fóra de Corcubión, o que amosa que este é un proxecto comarcal, que trascende a propia vila.

Ao respecto do programa, Alejandro Lamas destacou o dinamismo que terá este Mercado, con espectáculos e animación cada 15 minutos. Voltará o espectáculo de cetrería e un apartado de xogo para os máis pequenos. Nos xardíns na casa do Concello atará instalado un campamento militar toda a fin de semana. O venres ás 23h. terá lugar un concerto con Gaeloc. Na xornada do sábado tamén haberá espectáculo nocturno, cun repaso musical á música de raíz e co concerto de Alborada. O domingo propoñen un espectáculo de Hípica Celta, pechando o Mercado co arriado do pendón.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir