Vídeo

CONSEJO DE MINISTROS Sigue en directo la rueda de prensa tras la reunión del Ejecutivo

Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Musica | Ocio y cultura

A catedral de Tui ábrese de novo a cultura

Música no Claustro celebra a súa XVII edición con sete concertos gratuitos e actividades paralelas

Entrevista a Samuel Diz, director de Música no Claustro

Entrevista a Samuel Diz, director de Música no Claustro

08:48

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1690807151167/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Tui

Un programa de música, patrimonio e creación, dirixido polo concertista e investigador tudense Samuel Diz, é o que inclúe a XVII edición de Música no Claustro, que se celebra do 1 ao 7 de agosto na Catedral de Tui.

Os sete concertos gratuitos (todos comezan ás 21:00 horas) fan unha viaxe que comeza do legado oral da música tradicional galega con Davide Salvado, do flamenco con Niño Ruven, ou dos ritmos e melodías da coste oeste de África da que provén o malinense Ballaké Sissoko, referente mundial da kora. Música no Claustro, co respaldo de AIE, achega as inquedanzas da nova escena musical co percusionista Diego Casado e co trío de jazz liderado pola saxofonista Irene Reig.

A Catedral de Tui acolle dúas residencias artísticas que abren e pechan o círculo desta edición: a da organista Silvia Márquez Chulilla, directora do ensemble La Tempestad, co obxectivo de afondar na investigación e interpretación do arquivo musical catedralicio; e da oboísta galega Iria Folgado, solista da Konzerthaus Orchester Berlin, quen regresa ao festival para gravar o seu primeiro traballo discográfico ao carón das irmás tudenses Raquel e Sara Areal.

Campás e Foro Profesional

A organización do festival e a Asociación Campaneiros de Galicia celebran a recente declaración do toque manual de campás como manifestación do patrimonio cultural inmaterial da UNESCO cunha intervención sonora previa aos concertos do 1, 2, 3 e 7 de agosto que fará vibrar o bronce dos sinos catedralicios.

En paralelo, o Ministerio de Cultura e Deporte participa no foro profesional Resonancias analizando os pasos dados e retos desta protección patrimonial, xunto á visita a Campás Ocampo, obradoiro artesanal con máis de 400 anos de historia. O 2 e 3 de agosto, profesionais da construción de instrumentos musicais e o deseño reúnense en Tui ao carón de perfís técnicos como a enxeñaría ou a xestión de coleccións museísticas.

A terceira edición do foro profesional Resonancias impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, ao que se suma a colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal, promove o emprego de madeiras de proximidade na artesanía. Un programa de conferencias, mesas redondas e visitas profesionais que ten por apertura a conversa maxistral co mestre organeiro Gerhard Grenzing, autor do órgano da Catedral de Tui, xunto á conferencia aberta a todos os públicos de Lucy Durán sobre a kora.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00