Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Máis dun millón de euros do Goberno do Estado para renovar o Mercado Municipal de Cee

O concello ceense é dos que máis fondos recibiu do Goberno na comarca nestes anos

OLYMPUS DIGITAL CAMERA / PRADERO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Costa da Morte

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este luns o Concello de Cee onde avaliou coa alcaldesa, Margarita Lamela, as últimas axudas concedidas polo Goberno ao municipio para transformar o mercado de abastos e mellorar a contorna do colexio “Vila de Cee”. O delegado asegurou que os 3,5 millóns de euros recibidos supuxeron un "enorme impacto" para o concello ceense. e "convérteno nun dos concellos que máis fondos percibiu do Goberno na comarca nestes anos”.

Pedro Blanco sinalou que as actuacións que se realizaron e as que se van realizar cos fondos aprobados certifican o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez “cos concellos, aos que tendemos a man para avanzar na súa transición verde, na transformación da economía e na súa dixitalización”. E sinalou que as últimas concesións forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, confirmando que chega a cada cidadán de Galicia.

Mellora do mercado municipal

O delegado trasladou á alcaldesa de Cee o apoio do Goberno de España, a través do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ao proxecto de transformación do mercado municipal AmaCee, para o que vén de conceder unha subvención de 1.057.979,36 euros. A subvención representa o 80% do total do proxecto (que ascende a 1.322.474,19 euros). Forma parte da convocatoria 2022 de axudas a fomento dos mercados urbanos sostibles, unha das liñas de apoio ao comercio que executa o Ministerio de Industria dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A semana pasada o Ministerio publicou a resolución provisional desta convocatoria, da que o delegado amosou o seu convencemento de que “a ratificaremos na resolución definitiva e que os comerciantes e a veciñanza de Cee se beneficiarán máis pronto que tarde deste proxecto de mellora; un proxecto no que o Goberno local puxo gran empeño”.

A esta axuda únese a recente concesión dunha subvención de 541.461,36 euros a través do programa do Ministerio de Sanidade e a FEMP para a promoción de hábitos de vida saudable nos concellos e que tamén forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O delegado sinalou que esta financiación permitirá rehabilitar a contorna do CEIP “Vila de Cee” favorecendo os itinerarios peonís neste entorno.

Aforro enerxético

No eido da transición enerxética, Pedro Blanco lembrou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico xa financiou con preto de 2 millóns de euros a renovación de toda a iluminación pública do municipio. Executáronse doce proxectos sobre a iluminación exterior municipal e outro de rehabilitación da envolvente térmica do Edificio Administrativo de Servizos Municipais do Concello.

Conexión a internet de alta velocidade

Xunto a este apoio, o Goberno tamén promove a transición dixital de Cee, neste caso a través do programa UNICO-Banda Ancha e tamén do Plan de Recuperación. En concreto, o delegado avanzou que o Goberno achegará a conexión a internet de alta velocidade mediante fibra a máis de 400 fogares e empresas deste concello. No conxunto da comarca, son máis de 8.100 vivendas e locais os que gañarán esta conectividade antes da fin de 2024.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir