O alcalde de Malpica asegura que oferceu “intentar apartar a Cañizo” e levar a Mostra el directamente
O vindeiro ano terá que ser a asociación a que pida a subvención da Deputación directamente


Costa da Morte
Eduardo Parga afirma que os Oleiros non lle deixaron opción. a decisión da asociación de Buño de non participar na mostra este verán foi irreversible polo a pesar que o alcalde, segundo contou en Radio Nordés, ofreceu “intentar que Cañizo se apartara” para que o propio alcalde se encargase da organización, aínda así, di Parga, os oleiros non variaron a súa decisión de non estar na Mostra deste mes de agosto. O Rexedor deixou claro que non pode cesar a un concelleiro, que non é do seu grupo, porque llo pidan un grupo de persoas que non están dispostas a negociar nada máis.
Segundo comentou Eduardo Parga, nas mensaxes do grupo9 de whatsapp que teñen Cañizo e os Oleiros queda claro que o único punto de discrepancia é o das casetas para a exposición, o resto de peticións do artesáns foron tidas en conta.
O alcalde malpicán asegurou estar triste con toda esta polémica, recordou tódolos actos nos que o concello promociona a olería de Buño en toda España.
Para Parga o organizador da Mostra sempre foi o Concello, “é o concello que recibe a subvención da Deputación, quen fai tódalas xestións e quen sería responsable en caso de calquera problema. Adiantou que o vindeiro ano o concello non vai organizar, ceden ese traballo á asociación oleira, deberán ser eles os que soliciten a subvención do ente provincial, uns 80.000€. O que si se comprometeu facer foi acompañalos á deputación para ir solicitala.




